- A Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) chama á poboación a que fortaleza o seu sistema inmunolóxico cunha alimentación sá e consciente.
Cerceda, a 27 de marzo de 2020.- A Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) chama á poboación a que fortaleza o seu sistema inmunolóxico cunha alimentación sá e consciente.
É por esta razón que brinda unha serie de recomendacións para mitigar os efectos da pandemia na seguridade alimentaria e a nutrición. Son las seguintes:
1. Aumenta o teu consumo de froitas e verduras, con alomenos cinco porcións ao día. Conteñen moita vitamina A e C, ademais de antioxidantes que che axudarán a combater infeccións. Consome legumes alomenos tres veces á semana: consérvanse por moito tempo, son económicas e altas en proteína e ferro. Se comparaches froitas e verduras de máis, límpaas, córtaas e conxélaas. Teralas listas para a túa seguinte preparación.
2. No canto de comprar moitas pastas e arroz, adquire froitas, verduras e legumes.
3. Planifica a túa compra: compra o xusto e necesario.
Isto non só é un acto de empatía con outros consumidores que tamén deben abastecerse, senón que che axuda a evitar o desperdicio de alimentos e mellorar a economía do teu fogar.
4. Non tires as sobras
Se cociñaches de máis, conxela as túas comidas para que duren máis tempo e así evitar o desperdicio.
5. Bebe moita auga
Toma alomenos dous litros de auga ao día para manterte hidratado.
6. Fai que renda o teu orzamento
Revisa ben o que tes na despensa e neveira. Compra os produtos conforme á duración dos mesmos.
7. Cociña en familia
O confinamento no que moitos nos atopamos tamén é unha oportunidade para cociñar en casa e incorporar aos nenos e nenas nesta actividade, para que teñan unha boa alimentación e aprendan hábitos de consumo saudables desde pequenos.
Fonte: http://www.fao.org/americas/noticias/ver/é/c/1267856/
Imaxe: Pixabay