- Isto implica unha reorientación cara a alternativas de orixe biolóxica que substitúan aos plásticos e combustibles fósiles, a eliminación do uso de sustancias químicas tóxicas e a redución de residuos.
- Supón tamén aproveitar o poder da biociencia e a biotecnoloxía para facer fronte aos desafíos que temos por diante, como a subministración de alimentos, fibras, produtos madereiros, etc, para unha poboación en crecemento, á vez que se preservan os recursos naturais.
Cerceda, a 15 de decembro de 2020.- Unha bioeconomía circular sostible é un sistema innovador e restaurador que impulsa a industria e a economía, pero que tamén protexe o noso planeta para as xeracións futuras. Isto inclúe unha reorientación cara a alternativas de orixe biolóxica que substitúan aos plásticos e combustibles fósiles, a eliminación do uso de substancias químicas tóxicas e a redución de residuos. Supón tamén aproveitar o poder da biociencia e a biotecnoloxía para facer fronte aos desafíos que temos por diante, como a subministración de alimentos, piensos, fibras, produtos madereiros, etc, para unha poboación en crecemento, á vez que se preservan os recursos naturais.
VÍAS PARA TRANSITAR CARA Á BIOECONOMÍA CIRCULAR
A FAO está contribuíndo á transición cara a unha bioeconomía sostible e circular, e faino a través de 5 vías principais:
1) Reducir a perda e o desperdicio de alimentos
Actualmente, o 14% dos alimentos producidos pérdese entre a colleita e a fase de venda polo miúdo. Tamén a nivel dos consumidores. Unha bioeconomía circular supón reducir a perda e o desperdicio alimentario mediante o fortalecemento das cadeas de valor, pero tamén mediante a procura de novos usos para a comida que se perde ou se desperdicia.
2) Loitar contra a contaminación por plásticos
Un obxectivo importante é o uso de máis materiais feitos a partir de recursos naturais biodegradables, minimizando así os residuos de plástico e as emisións deCO2.
Reducir o uso de plásticos nas explotacións agrícolas constitúe unha parte importante disto. Estes plásticos poden resultar especialmente difíciles de reciclar, xa que moitos están contaminados con plaguicidas e fertilizantes. En consecuencia, a FAO está poñendo en marcha unha nova iniciativa relativa aos plásticos agrícolas para avaliar a magnitude, o destino e os efectos dos produtos de plástico que se utilizan nos sistemas agroalimentarios a escala mundial.
3) Diversificar as nosas dietas e deixar de depender só duns poucos cultivos
Das máis de 6.000 especies vexettais que se cultivan no mundo con fins alimentarios, tan só utilizamos nove cultivos para xerar o 66 % da nosa produción alimentaria.
O labor da FAO para aumentar a biodiversidade fai especial fincapé en incrementar o número de alimentos e especies aos que recorremos. Isto pode axudar a fomentar a diversificación de cultivos, afastándose dos beneficios económicos do monocultivo.
Ademais, a diversificación impulsa a nutrición. En moitas comunidades agrícolas, as persoas dependen dun único cultivo básico cuxa estacionalidade conleva un período de escaseza de alimentos. Impulsar a promoción de cultivos locais menos coñecidos a nivel mundial, pero altamente nutritivos, pode axudar ás comunidades a satisfacer mellor as súas necesidades alimenticias.
4) Promover produtos de base biolóxica como alternativa aos fertilizantes e plaguicidas sintéticos
O uso excesivo de fertilizantes e plaguicidas químicos provoca xa problemas de contaminación da auga e o solo, así como emisións de gases de efecto invernadoiro. A procura de solucións de base biolóxica para estes produtos químicos resulta aínda máis importante cunha poboación en crecemento á que alimentar.
5) Restaurar as terras degradadas e mellorar a xestión gandeira
Moitas persoas en todo o mundo dependen da gandeiría para a súa subsistencia, pero facelo de xeito insostible pode degradar a terra. O proxecto “Gandeiría Climáticamente Intelixente” da FAO fomenta a xestión gandeira sostible en moitas partes do mundo.
Unha bioeconomía circular sostible non só ten sentido desde o punto de vista ambiental, senón tamén desde o social e o económico. A sostiibilidade constitúe unha oportunidade e debemos aproveitala para protexer o noso planeta e asegurar un futuro mellor.
Fonte: FAO
Imaxe: Pixabay