- Os océanos reportan incuestionables beneficios: proporciónannos alimentos, inflúen no clima e na meteoroloXía e son un espazo para o lecer.
- A sobrepesca e o lixo mariño ameazan este preciado tesouro. Necesitamos uns mares limpos e sans para preservar a nosa propia saúde e supervivencia, e para garantir o benestar das xeracións futuras.
- Implicar aos nenos na limpeza de praias, lagos ou ríos a nivel local, na reutilización de obxectos refugados, na redución do uso de plástico e no consumo de peixe procedente de fontes sostibles, pode resultar de gran axuda para a súa formación e concienciación ambiental.
Cerceda, a 27 de febreiro de 2020.- A idade non importa cando se trata de facer fronte ao cambio climático. Todos podemos aportar o noso gran de area e a protección dos océanos é unha parte fundamental nesta loita dados os seus incuestionables beneficios: proporciónannos alimentos, inflúen no clima e na meteoroloxía e son un espazo de lecer.
A sobrepesca e o lixo mariño ameazan este preciado tesouro. Necesitamos uns mares limpos e sans para preservar a nosa propia saúde e supervivencia, e para garantir o benestar das xeracións futuras.
A FAO traslada 4 sinxelas formas de implicar aos pequenos nesta tarefa:
1- Realizar unha limpeza a nivel local
As campañas de limpeza de praias, lagos ou ríos son un excelente canal para facer que os nenos participen na mellora ambiental. Menos lixo na contorna significa menos refugallos que poden ser arrastrados aos cursos de auga.
2- Reutilizar os obxectos refugados
Animar aos escolares a atopar outros usos para obxectos vellos, constitúe unha boa maneira de que os visualicen como recursos de valor. Pódense elaborar auténticas obras de arte a partir de residuos.
3- Reducir o uso de plástico
Unha gran porcentaxe do plástico acaba nos océanos. Diminuír o consumo de plástico e propiciar o seu reciclado resulta esencial para protexer mares e ríos.
Optar por froitas, verduras e hortalizas a granel, e prescindir das preenvasadas, tradúcese nunha menor xeración de residuos plásticos. Pola súa banda, estimular aos nenos a que participen no cultivo de alimentos, posibilita que valoren a comida en maior medida.
Un exemplo é a escola Xeral Lázaro Cárdenas en Ajalpan, México, onde 96 estudantes plantaron e coidaron dos seus cultivos e obtiveron alimentos para os seus xantares escolares (coa axuda ocasional dos seus pais e mestres). Isto axudounos a manter unha dieta saudable, a desenvolver habilidades para gañarse a vida e a lograr unha conciencia ambiental.
4- Consumir peixe obtido de fontes sostibles
O peixe é unha fonte indispensable de proteínas, vitaminas, minerais e acedos grasos omega-3 poliinsaturados. Para algunhas comunidades costeiras, constitúe a súa principal fonte de alimento. As prácticas pesqueiras insostibles ameazan a seguridade alimentaria destas comunidades, tanto ao quitarlles estes recursos mariños como ao prexudicar os seus medios de vida.
No fogar, podemos axudar comendo especies de peces que sexan máis abundantes, en lugar das que están en risco de sobrepesca. Outra boa opción é adquirir peixe que sexa capturado ou cultivado de forma sostible, como o que ten etiqueta ecolóxica ou o que está certificado.
Non existe un único método para manter os nosos océanos limpos e o noso planeta san: todo está interconectado e cada pequeno xesto axuda.
Fonte: FAO
Imaxe: Pixabay