- Un total de 35 empresas do sector recuperador constitúen esta nova área, que ten entre os seus obxectivos fomentar a economía circular, a xerarquía de residuos e o ecodeseño dos produtos téxtis.
- O grupo abordará a problemática actual e os grandes desafíos que presenta o téxtil, un material do que unicamente se recupera o 10% a través dos contedores específicos habilitados nas vías públicas para a súa recollida e posterior recuperación.
Cerceda, a 19 de febreiro de 2020.- En datas recentes, a Federación Española de la Recuperación y el Reciclaje (FER) presentou a súa nova División de Reciclaxe de Téxtis, conformada por empresas xestoras de residuos deste material, produtores de residuos e fabricantes de hilaturas con material reciclado.
Un total de 35 empresas do sector recuperador constitúen esta nova área, que ten entre os seus obxectivos fomentar a economía circular, a xerarquía de residuos e o ecodeseño dos produtos textiles.
O grupo abordará a problemática actual e os grandes desafíos que presenta o téxtil, un material do que unicamente se recupera o 10% a través dos contedores específicos habilitados nas vías públicas para a súa recollida e posterior recuperación.
A nova división centrará o seu cometido en estudar os cambios nos patróns de consumo nas últimas décadas derivados do fast fashion e a baixa calidade dos téxtis, incompatibles coa economía circular; ofrecer solucións ás obrigas contraídas coa Unión Europea de establecer un sistema de recollida separada antes do 31 de decembro de 2024 e que os refugallos municipais que cheguen a vertedoiro non excedan o 10% en 2035; así como analizar a futura obligatoriedade para produtores e fabricantes de incluír unha porcentaxe de material reciclado nas hilaturas.
A directora xeral de FER, Alicia García-Franco, explicou que “un dos obxectivos principais do grupo é aumentar as taxas de reciclaxe deste fluxo de residuos, e para isto hai que potenciar o I+D+i, pero tamén se traballará para que o desenvolvemento da responsabilidade ampliada do produtor (pola que os fabricantes financian a xestión dos residuos dos seus produtos) se realice de forma ordenada e respectando en todo momento as regras da libre competencia”.
Fonte: Residuos Profesional
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación