- En España xéranse cada ano preto de 300.000 toneladas de pneumáticos ao final da súa vida útil (NFVU), cifra que na Unión Europea ascende a 3.250.000 toneladas.
- O proceso de reciclaxe do NFVU consiste na trituración, granulación e moenda do pneumático, ademais dunha separación do aceiro e as fibras téxtis. Os produtos obtidos son granulado ou po de caucho, aceiro e téxtil.
- Asfaltado de estradas, reencho de campos de céspede artificial, pavimentos de seguridade, pistas deportivas de atletismo, absorción de vibracións en vías de ferrocarrís, ornamentación, illamento térmico, etc, son algúns dos seus usos.
- Grazas a diversos acordos de colaboración entre as empresas recuperadoras de NFVU e as universidades e centros de investigación, tense avanzado en novas aplicacións tales como roupa e calzado, así como pezas para o sector automovilístico.
Cerceda, a 19 de novembro de 2019.- A Federación Española da Recuperación e a Reciclaxe (FER) insta a que se incentive o uso de materiais procedentes de pneumáticos reciclados, dadas as súas múltiples aplicacións.
Segundo a directora xeral desta organización, Alicia García-Franco, co uso dos produtos derivados de pneumáticos reciclados, non só se cumpre co principio de xerarquía de residuos, senón que se contribúe á sostibilidade e á economía circular dun xeito esencial”. É por iso que FER solicita unha maior implicación das Administracións Públicas, e de toda a industria consumidora en xeral, para que incorporen os materiais resultante sdo proceso de reciclado dos pneumáticos fóra de uso nas infraestruturas e nos seus ciclos produtivos.
En España xéranse cada ano preto de 300.000 toneladas de pneumáticos ao final da súa vida útil (NFVU), cifra que na Unión Europea ascende a 3.250.000 toneladas. O proceso de reciclaxe do NFVU consiste na trituración, granulación e moenda do pneumático, ademais dunha separación do aceiro e as fibras téxtis. Os produtos obtidos son granulado ou po de caucho, aceiro e téxtil.
USOS E BENEFICIOS
A utilización de NFVU no asfaltado de estradas reduce os custos de mantemento e as interrupcións do tráfico por reparacións no firme, manteñen durante máis tempo o contraste coas marcas viais e permiten reducir o nivel sonoro da rodadura, coa particularidade de que as mesturas bituminosas empregadas son reciclables.
Outro dos usos máis habituais do caucho procedente de NFVU é o das superficies deportivas, especialmente o reencho e a capa elástica de campos de céspede artificial. Segundo SIGNUS, no período comprendido entre os anos 2009 e 2016, empregáronse un total de 193.640 toneladas de granulado de caucho de NFU, cifra que equivale a 2.000 campos.
As vantaxes deste material tamén foron probadas en pavimentos de seguridade (parques infantís, garderías, residencias de anciáns, ximnasios…). Destacan pola súa resistencia a calquera condición climática, non sofren cambios substanciais no seu comportamento a diferentes temperaturas, a súa produción é sinxela, teñen baixos custos de mantemento, son ideais para amortiguar o ruído e son seguros pola súa capacidade para absorber os impactos.
Tamén dan bos resultados en pistas deportivas de atletismo e outros deportes, así como na absorción de vibracións en vías de ferrocarrís, en barreiras de seguridade e sistemas de protección de motoristas, ornamentación (xardinería e produtos moldeados), illamento térmico e acústico en edificación, pezas de caucho (mobiliario urbano, rodas, adoites de calzado, compoñentes para o sector automovilístico…), caucho rexenerado, e caucho micronizado (para as bandas de rodadura de neumáticos), etc.
A POR NOVAS APLICACIÓNS
Así mesmo, cabe sinalar que as empresas recuperadoras de NFVU apostaron decididamente polo I+D+i a fin de xerar novos usos para este material.
Grazas a diversos acordos de colaboración con universidades e centros de investigación, tense avanzado en novas aplicacións tales como roupa, calzado e pezas para o sector automovilístico.
Fonte: Gestores de Residuos
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación