- Así o manifestou en EsRadio Galicia Pedro Cantero, Director da Escola de Adultos do centro penitenciario de Monterroso (Lugo).
- Desde 2007, decidiu subirse ao carro dos proxectos europeos e apostar firmemente pola educación ambiental como unha oportunidade formativa para os seus pupilos.
- O centro conta hoxe con invernadoiros fabricados con materiais reciclados, hortas ecolóxicas, dobre programa de compostaxe e vermicompostaxe, e traballa de cheo nun proxecto para diminuír o desperdicio alimentario.
- A guinda desta firme aposta pola redución da cantidade de comida que acaba arroxada ao cubo do lixo púxoa a edición do libro “Saborosa reciclaxe”, no que se recollen receitas con sobras de comidas.
- A publicación, todo un guiño á sostibilidade, foi presentada aos premios enmarcados na Semana Europea da Prevención de Residuos 2018.
Cerceda, a 4 de xaneiro de 2019.- Pedro Cantero, Director da Escola de Adultos do centro penitenciario de Monterroso (Lugo) é por, riba de todo, mestre. Unha profesión á que, tal e como sinalou en EsRadio, no programa “La Mañana” conducido por Ignacio Balboa, ama profundamente e á que dedicou xa case 30 anos da súa vida.
Se xa de seu é un oficio ao que cualifica de precioso, para él o é aínda máis por desenvolverse nunha contorna de características especiais, toda vez que os seus alumnos residen nunha prisión e están privados de liberdade. “Foron xulgados pola xustiza e deben cumprir condena. Partindo desta premisa, a miña función é axudalos no proceso de reinserción a través da educación en valores”.
CULTIVOS ECOLÓXICOS
Ten claro o seu cometido e nel pon todo o seu empeño cada día, coa particularidade de que, desde 2007, decidiu subirse ao carro dos proxectos europeos e apostar firmemente pola educación ambiental como unha oportunidade formativa para os seus pupilos.
Puxo en marcha a maquinaria da sostibilidade fai máis dunha década e, na actualidade, o centro penitenciario é pioneiro neste ámbito. Conta con invernadoiros fabricados artesanalmente polos internos con miles de botellas plásticas fóra de uso nos que cultivan distintos produtos (verduras, froitas, hortalizas). Considera que é unha forma de aprendizaxe moi interesante para os alumnos, mantennos ocupados e coñecen desta forma os entresixos da natureza. Acto seguido puxo en marcha un dobre programa de compostaxe, no que se combina a compostaxe doméstica e a vermicompostaxe, e a través do cal se converte a materia orgánica xerada nos comedores nun abono natural de alta calidade que logo utilizan como fertilizante, pechando así o ciclo de recuperación de restos de alimentos e vexetais.
GUERRA AO DESPERDICIO ALIMENTARIO
Non contento, e especialmente sensibilizado co desperdicio alimentario, decidiu poñer en marcha, coa colaboración de Sogama, o proxecto “A comida non se tira”, no que levan traballando desde fai máis dun ano, téndose desenvolvido en distintas fases. Pero non quixo facelo unicamente co seu equipo de docentes, senón que implicou ao persoal médico, xuristas, profesionais da cociña e resto de funcionarios, asignando tarefas a todos eles. Primeiro realizaron un diagnóstico da situación de partida, é dicir, canta comida se tiraba ao lixo, por que e como minimizar a cantidade de alimentos refugados. A partir de aí, deseñou un programa de formación que, máis aló de sensibilizar aos alumnos na materia, pretendía tamén educalos nas bondades dunha dieta saudable e equilibrada, e conciencialos sobre o negativo impacto ambiental, económico, social e moral do desperdicio alimentario. Repíteo como un mantra: tiramos comida cando millóns de persoas en todo o mundo pasan e morren de fame. E a partir de aí xurdiu a idea de elaborar un libro de receitas con sobras ao que bautizaron cun suxerrente título “Saborosa reciclaxe”; un guiño á sostibilidade a través dunha publicación que ata decidiron presentar aos premios da Semana Europea da Prevención de Residuos 2018.
Aínda sen desvelar, Cantero xa está pergeñando novos proxectos. As segundas oportunidades representan para el a porta que abre todos os días para que os internos a crucen. Non é tarefa fácil e tampouco sabe cantos deses alumnos aos que formou serán capaces de regresar á sociedade sen o lastre do seu pasado. “É moi difícil averigualo. Salvo casos excepcionais, cando se van, pérdeselles a pista. Pero se a miña carreira profesional serviu para salvar a un deles, o meu traballo paga a pena”, sentenza con orgullo.
Saúdos, Departamento de Comunicación