- Esta cifra supón un incremento do 9% respecto do exercicio anterior e representa un novo máximo histórico.
- A isto contribuíu en boa medida a maior sensibilización social e o reforzo da rede de puntos de recollida, que xa conta con 10.618 distribuídos por todas as Comunidades Autónomas.
- Así mesmo, en 2018 alcanzáronse os 7.709 puntos de recollida de RAEE en centros da distribución, funcionando un bo número destes puntos como complemento á rede de reciclaxe municipal.
Cerceda, a 3 de maio de 2019.- A Fundación Ecotic xestionou o pasado ano un total de 97.536 toneladas de residuos eléctricos e electrónicos (RAEE), o que supón un incremento do 9% respecto do exercicio anterior e un novo máximo histórico.
No caso dos residuos domésticos, estes alcanzaron a cifra de 90.909 toneladas, un 6% máis, mentres que os de ámbito profesional situáronse nas 6.627 toneladas, o que representa un incremento do 75%.
A isto contribuíu en boa medida a maior sensibilización social e o reforzo da rede de puntos de recollida, que xa conta con 10.618 puntos distribuídas por todas as Comunidades Autónomas. Nun período de cinco anos, os puntos de recollida víronse incrementados en máis do 93%, logrando case duplicar a rede.
Así mesmo, en 2018 alcanzáronse os 7.709 puntos de recollida de RAEE en centros da distribución, funcionando un bo número destes como complemento á rede de reciclaxe municipal, xa que son establecementos que os cidadáns visitan con frecuencia, actuando á súa vez como vía de recollida para os residuos das propias empresas.
Estes bos resultados obedecen, segundo Ecotic, ao propio compromiso do equipo, á confianza das 650 empresas adheridas a este SCRAP (Sistema Colectivo de Responsabilidade Ampliada do Produtor) e ao intenso labor levado a cabo para incrementar as cantidades recollidas e para informar, formar e sensibilizar a usuarios e profesionais sobre a importancia que ten a correcta reciclaxe dos RAEE.
Ecotic pretende seguir nesta liña de crecemento e traballa para intensificar os vínculos con axentes estratéxicos para a axeitada canalización dos residuos, como é o caso da distribución e os instaladores de aparellos, así como para desenvolver melloras orientadas á trazabilidade dos residuos, continuando co impulso de iniciativas de sensibilización.
Fonte: Fundación Ecotic
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación