- Así o indicou Germán Fernández, Xerente de zona en Galicia e Asturias de Ecovidrio, no programa radiofónico Ecovoz
- Este logro foi posible grazas á colaboración dos cidadáns e do sector hostaleiro, pois non debe esquecerse que no mesmo xéranse o 52% dos envases de vidro, así como á taxa de contenerización, que é a mellor de toda España.
- O vidro é un material que se pode reciclar infinitas veces, constituíndo todo un exemplo de economía circular.
Cerceda, a 29 de abril de 2020.- O pasado ano, Galicia aportou á reciclaxe de vidro preto de 52.000 toneladas, superando por primeira vez a media nacional. Esta cifra tradúcese en 19,3 quilos por habitante e ano, 1 punto por encima da media española.
Isto foi posible, tal e como manifestou no programa Ecovoz Germán Fernández, Xerente de zona en Galicia e Asturias de Ecovidrio, grazas á colaboración dos cidadáns galegos e tamén ao sector da hostalería, pois non debe esquecerse que o 52% dos envases de vidro xéranse nos establecementos hostaleiros.
Ademais das campañas de información, formación e sensibilización, dous dos factores que, a xuízo do representante de Ecovidrio, inflúe no incremento da reciclaxe de vidro son a taxa de contenerización, que en Galicia é a mellor de toda España, con 1 iglú verde por cada 173 habitantes, e a implicación dos hosteleros, a quen se facilitaron cubos específicos con rodas para que poidan levar os envases de vidro ao contedor máis próximo dunha forma máis cómoda.
TEMPO DE RECICLARSE
No marco da crise orixinada polo COVID-19, e coa pretensión de aliviar os días confinamento nos fogares, Ecovidrio puxo en marcha un sitio web www.tiempodereciclarse.es con contidos para pequenos e maiores a fin de entreter ás familias e seguir instruíndoas na reciclaxe do vidro.
Esta páxina inclúe propostas educativas, documentais, curiosidades, xogos, etc servindo como canle de lecer, pero tamén como oportunidade para que a poboación coñeza a cadea da reciclaxe dos envases de vidro e os seus beneficios: aforro de materias primas, enerxía e emisións de CO2.
O vidro en particular constitúe un material que se pode reciclar infinitas veces sen perder cualidades, constituíndo todo un exemplo de economía circular.
Saúdos, Departamento de Comunicación