- Este aparecerá no perfil da empresa, facilitando aos consumidores a entrega separada de residuos tales como roupa usada, pilas ou aparellos electrónicos
Cerceda, a 6 de abril de 2022.- O termo “reciclaxe” converteuse nunha das búsquedas máis populares en Google. Así o asegura o seu presidente para Europa, Oriente Medio e África, Matt Brittin.
A nivel mundial, as empresas están a facer un gran esforzo para posibilitar que a reciclaxe sexa cada vez máis accesible para a súa comunidade, pero en moitos casos os cidadáns atópanse con dificultades á hora de identificar que tendas recollen diversos tipos de residuos a nivel local e onde están.
Para resolver este problema, Google introduciu o novo atributo de reciclaxe, que os comerciantes poden engadir aos seus perfís de empresa, facilitando desta forma a identificación de puntos de reciclaxe nas búsquedas e os mapas. Así, os establecementos locais poden mostrar os servizos de recollida e reciclaxe que ofrecen, por exemplo, de produtos electrónicos, cartuchos de tóner ou roupa.
Brittin sinala ao respecto que “engadir esta información ao perfil das empresas tamén pode axudar a destacalas”.
Fonte: Residuos Profesional
Imaxe: Pexels