
- Baixo o lema “Reciclar vidro é cambiar o mundo. Outra vez”, busca concienciar sobre a importancia da economía circular para protexer o planeta e poñer en valor a reciclaxe de vidro
- A través desta iniciativa, Ecovidrio recupera algunhas das frases máis icónicas destes discursos para transformalas nun alegado a favor do medio ambiente
Cerceda, a 18 de marzo de 2025.- A Intelixencia Artificial revive discursos de grandes personalidades da historia para concienciar sobre a economía circular na última campaña de Ecovidrio. Baixo o lema “Reciclar vidro é cambiar o mundo. Outra vez”, esta entidade recupera algunhas das frases máis icónicas destes discursos para transformalas nun alegado a favor do medio ambiente e da loita contra o cambio climático.
Así, “Pensa que podes facer ti polo teu país” convida agora á audiencia a preguntarse “que podes facer ti polo planeta”. Por outra banda, o “pequeno paso para a humanidade” pasa a ser “un pequeno paso para o home, pero un gran paso para o planeta”. Ademais, con “Yes We Can”, preténdese afianzar que “esa actitude sostible, solidaria e verde pode chegar a todos os recunchos do mundo”.
A campaña conta con tres vídeos nos que se recollen estes míticos discursos.
Fonte e imaxe: Ecovidrio