- Felicitación de Nadal do presidente de Sogama, Javier Domínguez Lino
Pechamos en Sogama un intenso ano de novidades, remodelacións, melloras e, sobre todo, de moito traballo e esforzo. E abrimos a porta a outro que, atendendo aos seus díxitos, ben poidera augurar un ano redondo e circular sobre o que temos proxectado moitas ilusións e no que alcanzaremos un dos nosos grandes soños: ser a planta xestora de residuos de referencia a nivel mundial que tamén aspira a ser motivo de orgullo para os galegos.
Nada disto sería posible sen os nosos traballadores, sen os 295 concellos que confían no noso labor, sen o apoio dos accionistas (Xunta de Galicia e Naturgy) e sen a colaboración dos máis de 2.242.000 cidadáns que cada día intentan ser máis eficientes á hora de poñer en práctica, desde a responsabilidade, os tres mandamentos da xestión sostible dos residuos: reducir, reutilizar e reciclar.
Non queremos nin debemos entrar na autocomplacencia porque desexamos que o cometido que levamos a cabo cada día en Galicia , durante as 24 horas do día e os 365 días do ano, alcance a excelencia.
Somos unha empresa conformada por persoas comprometidas e con vocación de servizo público; un servizo que implica traballar por e para os galegos, por e para a nosa terra, por e para o noso futuro.
Hoxe somos a verdadeira SOGAMA, a empresa coa que sempre soñamos.
Bo Nadal e Próspero Ano Novo!!
Presidente
Javier Domínguez Lino