- Nunha das primeiras xornadas nas que se abordarán temáticas de interese para o sector, enxalzouse as virtudes deste material e a súa extraordinaria achega á economía circular.
- Trátase dun metal moi resistente, non se oxida e require de menos enerxía (tan só un 5% da empregada a primeira vez) no proceso de fundición e reciclaxe. Non en van, leva máis dun século reciclándose, fundíndose e transformándose en novos produtos.
- No encontro celebrado recentemente expuxéronse as preocupacións do sector e as oportunidades existentes en relación cun futuro marcado pola crecente utilización do aluminio reciclado de post consumo
- Ámbitos como os da construción e a automoción xa reciclan máis do 90% do aluminio, e outros van en aumento.
Cerceda, a 22 de outubro de 2019.- Representantes do sector do aluminio asistiron recentemente ao primeiro encontro dunha serie de xornadas nas que se abordarán temáticas de interese para este colectivo.
Baixo o título “Un horizonte de aluminio reciclado. Retos de futuro para a industria”, Armando Mateos, presidente da AEA -a Asociación Española do Aluminio, que representa a máis de 600 empresas do sector- enxalzou as virtudes do aluminio polo seu carácter plenamente reciclable e sostible, adecuándose perfectamente ao concepto de economía circular.
Tamén en días pasados o Consello da Unión Europea pedía á Comisión que adoptase un novo plan de acción para a Economía Circular no que se recollan medidas máis ambiciosas para estimular a transición sistemática cara a unha sociedade sostible. É o caso das vinculadas ao deseño ecolóxico, incorporando a esixencia de criterios de eficiencia aos materiais tales como a durabilidade, a reparabilidade, a reciclabilidade e o contido de material reciclado.
As empresas do sector do aluminio queren liderar este proceso e están a desenvolver todas as estratexias e os mecanismos posibles para dirixirse cara a este modelo de economíacCircular. A vantaxe é que o aluminio leva reciclándose, fundíndose e transformándose en novos produtos fai máis dun século. Non en van, as súas cualidades son excepcionais: é un metal moi resistente, non se oxida e require de menos enerxía (tan só un 5% da empregada a primeira vez) no proceso de fundición e reciclaxe.
Desde a AEA sinalan que, malia este gran bagaxe, o aluminio está nun momento no que se incrementará exponencialmente o volume de produto reciclado. Polo tanto, quere ser parte deste compromiso coa sostibilidade, sumándose desde distintos ámbitos: como material para a construción, a automobilística, para obxectos cotiáns; no seu proceso de fabricación e, especialmente, no de reciclaxe.
Nesta primeira Xornada Técnica expuxéronse as preocupacións do sector, e as oportunidades existentes en relación cun futuro marcado pola crecente utilización do aluminio reciclado de post consumo.
IDONEIDADE
O emprego do aluminio supón un gran potencial para aumentar o uso sostible da enerxía. Por exemplo, a súa lixeireza contribúe a aumentar a eficiencia do combustible en vehículos. A reflexión da luz do 95% do metal contribúe á eficiencia de arrefriado dos edificios "verdes" e mellora a eficiencia de produción de enerxía das células solares.
A súa resistencia e gran capacidade de reciclaxe dota aos produtos elaborados con aluminio dun valor engadido ao permitir reducir significativamente o custo de combustibles e as emisións á atmosfera en múltiples aplicacións. Sectores como os da construción e a automoción xa reciclan máis do 90% do aluminio, e outros van en aumento.
Fonte: www.itesal.es
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación