- Con tal fin, lanzou o programa de administración “Close the Glass Loop” (“Pechar o círculo do vidro”), dando así unha resposta proactiva aos novos obxectivos de reciclaxe de vidro da Unión Europea, situados no 75% para 2030.
- Esta iniciativa reunirá aos diferentes actores do sector nunha plataforma europea común co dobre propósito de emendar as carencias na recollida e mellorar a calidade do vidro reciclado coa fin de que os recursos continúen a ser produtivos no ciclo de fabricación de novas botellas.
Cerceda, a 9 de decembro de 2019.- A industria europea de envases de vidro quere pechar o círculo de recuperación deste material e propúxose reciclar o 90%para 2030.
Con tal fin, lanzou o programa de administración “Close the Glass Loop” (“Pechar o círculo do vidro”), en cuxa elaboración participarán os socios de toda a cadea de valor, dando así unha resposta proactiva aos novos obxectivos de reciclaxe de vidro da Unión Europea, situados no 75% para 2030.
Segundo datos da confederación europea FEVE, que aglutina ás empresas do sector, máis do 76% dos envases de vidro comercializados no mercado europeo recóllense para a súa reciclaxe en forma de novas botellas, dato que evidencia a gran circularidade deste material.
Ao respecto, o presidente de FEVE, Michel Giannuzzi, manifestou que "O noso obxectivo é seguir aumentando as credenciais de sostibilidade das solucións de envases de vidro que ofrecemos aos nosos clientes e consumidores".
Esta iniciativa reunirá ás diferentes partes interesadas no ciclo de recollida e reciclado de vidro nunha plataforma europea común co dobre propósito de emendar as carencias na recollida e mellorar a calidade do vidro reciclado, de tal forma que os recursos sigan sendo produtivos no ciclo de fabricación de novas botellas.
Giannuzzi sinalou que “Para ter éxito, necesitamos traballar localmente en todos os Estados membros da UE, mentres compartimos as mellores prácticas e aumentamos as ambicións a través dunha plataforma europea. Non cremos nun só modelo europeo para a recolección de vidro, pero si cremos nunha soa ambición”.
Neste sentido, a produción de envases de vidro para alimentos, bebidas, así como para o sector farmacéutico, de perfumería e cosmética cun material reciclable, reutilizable e permanente, tradúcese nun menor consumo de recursos naturais, menos residuos e un menor gasto de enerxía, de acordo co Obxectivo de Produción e Consumo Sostible (ODS 12), permitindo directamente á industria reducir drásticamente o consumo de enerxía e as emisións de CO2, de acordo co Obxectivo de Acción Climática (ODS 13).
Fonte: FEVE The European Container Glass Federation
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación