- Están fabricados con materiais biodegradables e ecolóxicos, e son moito máis baratos que os actuais, por outra banda difíciles de interpretar.
- Detectan os gases en descomposición tales como amoníaco e a trimetilamina e os datos pódense ler nos teléfonos intelixentes con só colocalos xunto ao envase para comprobar se o alimento en cuestión é seguro ou non.
- Os científicos argumentan tamén que estes sensores poderían axudar a reducir a xeración de residuos plásticos, pois moitos dos alimentos refúganse xunto co propio envase.
- O estudo foi publicado na revista ACS Sensors, da Sociedade Química Americana.
Cerceda, a 28 de xuño de 2019.- Investigadores do Imperial College de Londres (Reino Unido) desenvolveron uns sensores que poderían axudar a reducir o desperdicio alimentario en supermercados e fogares, representando unha alternativa fiable á tradicional data de caducidade.
Ao parecer, os prototipos de sensores desenvolvidos en laboratorio custan menos de dous céntimos de euro cada un, fronte aos sensores que existen a día de hoxe e que non se usan habitualmente debido a un alto prezo, podendo representar unha cuarta parte dos custos de envasado, coa particularidade de que son moi difíciles de interpretar.
Estes novos denomínanse “sensores de gas eléctricos a base de papel” e detectan os gases en descomposición tales como amoníaco e a trimetilamina na carne e os produtos pesqueiros. Os datos do sensor pódense ler nos teléfonos intelixentes con só colocar o smartphone xunto ao envase para comprobar se o alimento en cuestión é seguro ou non.
Os sensores foron creados con materiais biodegradables, son ecolóxicos e non tóxicos, e combínanse con etiquetas NFC (Near Field Communication), que inclúen microchips que poden lerse en dispositivos móbiles próximos.
Os investigadores consideran que os sensores poderían reemprazar eventualmente a data de caducidade, son máis fáciles de interpretar e os custos máis baixos para os minoristas poderían contribuír a minorar o prezo dos alimentos para os consumidores finais.
Aseguran igualmente que estes sensores poderían axudar a reducir a xeración de residuos plásticos, pois moitos dos alimentos refúganse xunto co propio envase. Outras vantaxes fronte aos sensores de gas actuais é que funcionan de xeito efectivo con case o 100% de humidade e a temperatura ambiente, e son sensibles só aos gases involucrados no deterioro de alimentos, mentres que outros sensores poden ser activados por gases non daniños.
O estudo foi publicado na revista ACS Sensors, da Sociedade Química Americana
Segundo estes científicos, as datas de caducidade, aínda que moi útiles, non teñen en conta as condicións de almacenamento e procesamento de alimentos específicos, polo que poden levar a comercios e a consumidores a refugar alimentos seguros e comestibles.
Fonte: Residuos Profesional
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación