- O estudo enmárcase no proxecto europeo de investigación Harnesstom (Harnessing the value of tomato genetic resources for now and the future), que contempla igualmente o deseño de estratexias innovadoras que redunden en materiais de cultivo adaptados localmente a agricultores, consumidores, chefs e universidades.
- Promovido por o Instituto de Bioloxía Molecular e Celular de Plantas (IBMCP), o CSIC e a Universitat Politècnica de València, desenvolverase durante os próximos catro anos, contando cun orzamento de 8,07 millóns de euros.
Cerceda, a 4 de xaneiro de 2021.- O proxecto europeo de investigación Harnesstom (Harnessing the value of tomato genetic resources for now and the future) estuda a produción de variedades de tomates de maior calidade e sabor, así como resistentes a enfermidades emerxentes e ao cambio climático. Así mesmo, contempla o deseño de estratexias innovadoras que redunden en materiais de cultivo adaptados localmente a agricultores, consumidores, chefs e universidades.
Promovido polo Instituto de Bioloxía Molecular e Celular de Plantas (IBMCP), o centro mixto do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e a Universitat Politècnica de València, desenvolverase durante os próximos catro anos, contando cun orzamento de 8,07 millóns de euros (7,04 son financiados polo Programa Horizonte 2020).
A iniciativa aglutina a 22 institucións colaboradoras de sete países, entre as que figuran pequenas e medianas empresas tecnolóxicas e de cultivo, ONG, asociacións de agricultores e institucións académicas de Estados tales como España, Bulgaria, Francia, Italia, Israel, Países Baixos e Taiwán.
INCREMENTO DOS RECURSOS XENÉTICOS
Se ben trátase dun produto moi cultivado e consumido, o tomate ten unha diversidade xenética reducida, circunstancia que o fai especialmente vulnerable ás novas enfermidades e ao cambio climático.
Segundo o coordinador do proxecto, ponse de relevo que incrementar os recursos xenéticos é fundamental, tanto para conseguir un produto de mellor calidade como para a seguridade alimentaria.
Ademais, no marco deste proxecto desenvolveranse catro programas de preprodución co fin de introducir resistencias contra as principais enfermidades emerxentes, atopar a mellor adaptación do tomate ao cambio climático, mellorar a calidade do produto final e aumentar a resiliencia do tomate tradicional europeo a través dun proceso participativo.
Fonte: Sigfito
Imaxe: Pixabay