- Baixo o título “O papel dos xestores de residuos na Axenda 2030”, está promovida por APROEMA e terá lugar na Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), en Santiago de Compostela, o próximo 30 de xaneiro.
- Na mesma tamén participarán a directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Xunta de Galicia; o xerente da Zona Norte de Ecoembes; o portavoz de Xestores de Residuos Membro da Xunta Directiva de Aproema, e a propia presidenta de Aproema, quen actuará como moderadora.
- O encontro xirará especificamente en torno ao Obxectivo 12 da Axenda 2030 e as súas metas: producir menos residuos e xestionalos de forma sostible.
Cerceda, a 18 de xaneiro de 2020.- O presidente de Sogama, Javier Domínguez Lino, participará o próximo 30 de xaneiro, en calidade de poñente, nunha xornada que, baixo o título “O papel dos xestores de residuos na Axenda 2030” promove APROEMA (Asociación Profesional de Empresas Medioambientais de Galicia).
En formato de mesa redonda, terá lugar na Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), en Santiago de Compostela, de 10:00 a 13:00 horas, e na mesma estarán presentes, ademais do máximo responsable da Sociedade Galega do Medio Ambiente, a directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Xunta de Galicia, María Cruz Ferreira Costa; o Xerente da Zona Norte de Ecoembes, Fernando Blázquez Andrés; o portavoz de Xestores de Residuos Membro da Xunta Directiva de Aproema, David González Campos, e a propia Presidenta de Aproema, Maruxa Pérez Vázquez, quen actuará como moderadora.
O encontro xirará especificamente en torno ao Obxectivo 12 da Axenda 2030: Produción e Consumo Sostibles, cuxas metas oriéntanse cara á menor produción de residuos, a súa reutilización e reciclado, así como a xestión racional e ecolóxica dos mesmos ao longo de todo o seu ciclo de vida, minimizando o impacto sobre o medio ambiente e a saúde humana.
Domínguez Lino dará conta do plan de acción de Sogama para contribuír aos ODS en xeral, e ao Obxectivo 12 en particular, e explicará a actividade desenvolvida pola compañía durante os últimos anos para avanzar cara a unha xestión máis sostible dos refugallos, reforzando a reciclaxe e a compostaxe, e minimizando o uso do vertedoiro. A pretensión é chegar este mesmo ano ao vertido técnico cero, 15 anos antes dos estipulado polo Parlamento Europeo.
Saúdos, Departamento de Comunicación