- Ademais de garantir o seu reciclado, evitarase que se ensucien as rúas e se dificulte o paso
- Esta iniciativa de “Pajaritas Azules” (ASPAPEL) insiste en que separar correctamente os residuos en orixe é un esforzo que paga a pena, sendo a única vía para lograr unha reciclaxe de calidade
- O contedor azul está concibido, única e exclusivamente, para o depósito de papel e cartón
Cerceda, a 21 de decembro de 2022.- En Nadal, época na que a xeración de residuos crece de forma exponencial, especialmente os envases e envoltorios, a reciclaxe debe estar presente de forma inexorable. “La Voz del Reciclaje”, unha iniciativa de “Pajaritas Azules” (ASPAPEL), lembra a importancia dunha reciclaxe de calidade a fin de evitar o colapso dos contedores azuis e contribuír a que as rúas se manteñan en boas condicións.
Incide na necesidade de interiorizar estes tres consellos:
1.- Trátase dun esforzo que paga a pena
A reciclaxe de papel e cartón constitúe un perfecto exemplo de economía circular, xa que os residuos convértense en recursos para completar o ciclo. As fábricas papeleiras utilizan o papel e cartón que se recolle nos contedores como materia prima para fabricar novos produtos papeleiros.
Os 4,4 millóns de toneladas de papel e cartón usado que se recollen ao ano en España para a súa reciclaxe, supoñen un aforro de volume en vertedoiro equivalente a 44 grandes estadios de fútbol como o Bernabéu ou o Camp Nou cheos ata arriba. E isto supón, ademais, un aforro das emisións en vertedoiro de 4 millóns de toneladas de CO2.
2.- Requírese unha correcta separación dos residuos en orixe
Para conseguir unha reciclaxe de calidade é necesario que o papel e o cartón cheguen sen mesturar con outros materiais ás fábricas papeleiras onde se reciclan. Se o cidadán non deposita axeitadamente os residuos en cada contedor, estragará o traballo de todos. Os refugallos que se depositan no contedor equivocado, non se poden recuperar para reciclar. No contedor azul só se pode meter papel e cartón, nunca materia orgánica, briks, roupa usada, bolsas ou envases de plástico.
3.- Precísase encartar e introducir o papel e cartón dentro do contedor azul
Se se deixa o cartón fóra do contedor azul, pode mancharse, dificultando a súa reciclaxe. Tamén é importante encartar as caixas antes de introducilas neste recipiente para que non ocupen máis espazo do necesario. Se se depositan sen encartar, satúranse os contedores e a veciñanza xa non terá sitio nos mesmos para o seu papel e cartón, coa particularidade de que deixar este material fóra dos contedores, ensucia as rúas e dificulta o paso.
Fonte e imaxe: Pajaritas Azules