- O proxecto foi galardonado, entre máis de 16.500 accións, dentro da categoría ONG/Asociacións pola súa “visibilidade, calidade, orixinalidade e impacto”.
- Este recoñecemento súmase a outros premios ambientais, como é o caso de Ecólattras de Ecovidrio.
- Para seguir transmitindo a mensaxe de respecto á natureza, o proxecto continúa cunha nova acción baixo o lema The Language of the Trees.
Cerceda, a 29 de xuño de 2020.- O proxecto The Language of the Sea logra o premio ONG/asociacións da Semana Europea da Prevención de Residuos (EWWR) entre máis de 16.500 accións presentadas na categoría “visibilidade, calidade do contido, orixinalidade e impacto da acción”.
Piotr Barczak, do European Environmental Bureau – EEB-, foi o encargado de dar a coñecer o galardón e destacou como esta iniciativa promovida polas asociacións de centros de idiomas do Norte de España ACEIAS de Asturias, ACEIGA de Galicia, ACCEI de Cantabria e ACIE de Euskadi, “involucrou a milleiros de estudantes que aprenderon, dentro e fóra do aula, sobre a prevención de residuos e a sostibilidade ambiental ao sintonizar coa linguaxe da natureza”.
Cabe destacar que o proxecto involucrou a máis de 70 escolas do Norte de España que acollen a máis de 10.000 estudantes, pretendendo que estes tomen conciencia sobre o grave problema do plástico nos nosos mares.
Así mesmo, douse conta dalgunhas das actividades máis multitudinarias que se realizaron en The Language of the Sea, como foi “a limpeza simultánea de 5 praias diferentes repartidas pola costa norte de España con case 2.000 voluntarios, onde se recolleron 6 toneladas de residuos e que contou co apoio de estrelas nacionais e internacionais, así como de entidades públicas e privadas dos sectores educativo, deportivo, social e mediático”.
No plano medioambiental, cabe destacar que o proxecto recibiu, por parte de Ecólatras de Ecovidrio, un segundo premio que o cataloga como unha das mellores iniciativas colectivas a favor do medio ambiente.
The Language of the Sea continúa o seu camiño transmitindo estes valores de sostibilidade ambiental, non só nas aulas dos centros das catro comunidades implicadas, senón chegando ao resto da sociedade a través de accións como The Language of the Trees, que contempla a plantación de árbores, a limpeza de praias, etc.
Fonte e imaxe: The Language of the Sea