- Denominado “Food made good”, foi presentado en Madrid pola Asociación de Restaurantes Sostibles (SRA)
- Tal e como explicou a directora xeral de SRA, Juliane Caillouette, o proceso de auditoría pode durar de 12 meses a 5 anos pero, a partir do primeiro semestre, xa se comezan a evidenciar os resultados
- Caillouette afirmou que o sector da restauración é a "zona cero" no problema dos residuos e, ao mesmo tempo, o comezo para loitar contra a crise climática
Cerceda, a 6 de febreiro de 2023.- Recentemente, presentouse en Madrid o selo 'Food made good', da Asociación de Restaurantes Sostibles (SRA), cuxo obxectivo é certificar a sostibilidade alimentaria dos restaurantes. Este selo (renovable anualmente) concede a posibilidade aos restaurantes de ser auditados pola propia asociación, así como profesionalizar os enfoques relacionados coa sostibilidade ou realizar avaliacións sobre as implementacións e cambios neles, tendo en conta factores ambientais, humanos e económicos.
Tal e como explicou a directora xeral de SRA, Juliane Caillouette, o proceso de auditoría pode durar de 12 meses a 5 anos pero, a partir do primeiro semestre, xa se comezan a evidenciar os resultados. Para isto, desde a SRA fan un primeiro diagnóstico a través dun cuestionario e suxiren pequenos cambios para os establecementos; a continuación, abórdanse os cambios que van producir algún tipo de rendibilidade ou retorno e, por último, elabórase un plan ou estratexia con todas esas medidas.
Caillouette afirmou que o sector da restauración é a "zona cero" no problema dos residuos e, ao mesmo tempo, o comezo para loitar contra a crise climática, sen esquecer o "papel culturalmente relevante dos cociñeiros" para influír na sociedade actual.
A presentación deste selo contou tamén coa presenza do chef Ángel León, que lidera Aponiente, nomeado o restaurante máis sostible do mundo en 2022 para a SRA, entidade responsable igualmente de auditar o premio de Sostibilidade de 50 Best Restaurants.
Na súa intervención, León puxo o foco no papel da propia vontade como primeiro paso en materia de sostibilidade e subliñou o traballo da SRA xa que, como indicou, axudou ao seu restaurante, situado no Porto de Santa María (Cádiz) e que conta con tres estrelas Michelín, a levar a cabo acciones sostibles.
Fonte: Gestores de Residuos
Imaxe: Pexels