- Todas as latas de bebidas son infinitamente reciclables sen perda de calidade, coa particularidade de que tamén son fáciles de separar e recuperar coa infraestrutura existente, sen requirir novas tecnoloxías nin custosos investimentos adicionais.
- Reciclar unha lata aforra o 95% da enerxía necesaria para producir unha nova, o que equivale a manter un televisor funcionando durante 3 horas.
- Mentres que o peso da primeira lata era de 115 gramos, hoxe está en aproximadamente 13 gramos.
Cerceda, a 6 de noviembre de 2020.- A lata de bebidas cumpre 85 anos. Viaxou por nove décadas nas que demostrou a súa capacidade para adaptarse ás cambiantes necesidades do consumidor, enfrontando múltiples innovacións co fin satisfacer á sociedade.
Evolucionou no tempo con permanentes reducións de peso, cambios de peche, forma, tamaño e deseño, consolidándose coma un envase seguro, resistente, lixeiro, moderno, competitivo, transportable e fácil de arrefriar, así como un perfecto soporte para a imaxe de marca.
A súa longa tradición de reciclaxe e o seu excelente desempeño ambiental sitúan á lata nun lugar de privilexio na carreira polo futuro, toda vez que encarna o mellor exemplo de economía circular.
INFINITAMENTE RECICLABLE
Os metais son materiais permanentes e 100% reciclables. De feito, recíclanse desde tempos inmemoriais. Tanto é así, que o 75% do aluminio producido pola humanidade ao longo da súa historia segue en uso.
Todas as latas de bebidas son infinitamente reciclables sen perda de calidade, independentemente da súa cor ou deseño, coa particularidade de que tamén son fáciles de separar e recuperar coa infraestrutura existente, sen requirir novas tecnoloxías nin custosos investimentos adicionais. Non en van, é o envase máis reciclado no mundo. Tamén o é en España onde, grazas a municipios e consumidores, recíclanse máis de oito de cada dez latas.
Reciclar unha lata aforra o 95% da enerxía necesaria para producir unha nova, o que equivale a manter un televisor funcionando durante 3 horas.
Cando se deposita unha lata de bebidas no contedor amarelo, tarda menos de 60 días en volver ás mans do cidadán, en forma de nova lata ou outro produto metálico.
MENOS PESO
Lonxe quedan os máis de 115 gramos de peso da primeira lata. Hoxe sitúase en ao redor dos 13 gramos. Grazas á innovación permanente, unha lata de bebidas ten un espesor inferior ao dun cabelo humano, pero pode soportar 90 quilos no seu eixo vertical e conter unha presión interna maior que a dun pneumático de coche.
Segundo a recente Análise de Ciclo de Vida realizado por Metal Packaging Europe, no últimos dez anos a lata reduciu a súa pegada de carbono nun 31% grazas ás continuas melloras nos procesos de fabricación do aluminio, a redución do seu peso e o aumento da súa taxa de reciclaxe.
A súa eficiente loxística, as súas excelentes características de barreira á luz e ao osíxeno, as súas mínimas emisións de CO2 e o seu alto índice de reciclaxe son só algúns dos moitos motivos polos cales cada vez máis bebidas elixen este envase.
Juan Ramón Meléndez, director da Asociación de Latas de Bebidas sinala que “A Unión Europea define a Economía Circular como aquela que mantén en uso os materiais durante o maior tempo posible, evitando as perdas e a xeración de residuos e iso é o que os envases metálicos e a lata de bebidas leva décadas facendo. Estamos orgullosos de que os principios reitores da Economía Circular estean gravados no ADN da lata e non sexan unha potencialidade por desenvolver, senón unha realidade contrastable”.
Fonte e imaxe: www.latasdebebidas.org