- Así o revela un estudo promovido por Metal Packaging Europe a través do cal se levou a cabo unha nova análise do ciclo de vida deste envase.
- As razóns polas cales se alcanzou este logro son, entre outras, as continuas melloras nos procesos de fabricación do aluminio, a redución no peso da lata e o aumento da taxa de reciclado.
- Para unha lata con capacidade de 33 cl, a redución do impacto ambiental nun período de 10 anos (2006-2016) é do 33%
Cerceda, a 31 de maio de 2019.- Conforme a un estudo promovido por Metal Packaging Europe, a Asociación de Produtores Europeos de Envases Metálicos Ríxidos e os seus socios na cadea de subministración, as latas de aluminio reduciron a súa pegada de carbono nun 31% de media con respecto ao ano 2006, dato que vén a confirmar o compromiso da industria coa diminución das emisións de CO2.
A través deste traballo levouse a cabo unha nova avaliación da análise do ciclo de vida (ACV) das latas de aluminio para bebidas (de 25, 33 e 50 cl), contemplando desde a propia extracción de materias primas ata a fabricación e fin de vida útil.
As razóns polas cales se alcanzou este logro son, entre outras, as continuas melloras nos procesos de fabricación do aluminio, a redución no peso da lata e o aumento da taxa de reciclado.
Para unha lata con capacidade de 33 cl, a redución do impacto ambiental nun período de 10 anos (2006-2016) é do 33%, observando unha redución do 35% no consumo de electricidade e calor grazas á mellora na eficiencia da fabricación de latas e un incremento próximo ao 50% na taxa de reciclaxe de envases de aluminio en Europa, pasando do 50% ao 73% en 2014.
Así mesmo, o estudo mostra que, se se analiza o impacto sobre o cambio climático de todo o ciclo de vida dunha lata, a fabricación representa unicamente o 18%.
O aluminio constitúe un material que se adapta perfectamente ao concepto de economía circular, toda vez que se pode reciclar unha e outra vez, conservando o seu valor.
Fonte: www.metalpackagingeurope.org
Saúdos, Departamento de Comunicación