- O proxecto creou unha rede de 1.180 entidades científicas, educativas, divulgativas e da Administración Pública, incluíndo 350 municipios, deputacións e consellerías que colaboran nesta iniciativa.
- Tamén durante 2020 puxo en marcha a campaña #NoAbandonesTusGuantesYMascarillas, para concienciar sobre a importancia de xestionar correctamente este novo residuo derivado da pandemia.
- Coa prevención como principal ferramenta, tamén ofrece aos Espazos Naturais Protexidos de toda España distintos recursos para favorecer a súa conservación, incide na educación como o gran motor da sensibilización para acabar coa basuraleza e colabora con entidades e expertos para desenvolver metodoloxías que impulsen o coñecemento.
Cerceda, a 1 de febreiro de 2021.- Coas limitacións propias impostas pola COVID-19, o Proxecto LIBERA, de SEO/BirdLife en alianza con Ecoembes, deu continuidade ao seu traballo para loitar contra a basuraleza, facer visible o impacto que ten na biodiversidade e ofrecer solucións para todos os sectores sociais.
Así, tal e como se recolle na súa Memoria Anual 2020, o proxecto conseguiu caracterizar o pasado ano 13,4 toneladas de lixo e preto de 100.000 obxectos abandonados en 611 puntos de contornas naturais de España. Para isto contou co apoio de 12.500 ‘voluntarios LIBERA’ que participaron nas campañas de ciencia cidadá de ‘1m2’ polas diferentes contornas (terrestre, fluvial e mariña).
Con estas accións, incrementáronse os datos recompilados no ‘Barómetro da Basuraleza’ (o instrumento creado por LIBERA para radiografiar o estado do abandono do lixo na natureza) e integráronse na base de datos do MITECO.
Ademais, LIBERA conseguiu crear unha rede de 1.180 entidades científicas, educativas, divulgativas e da Administración Pública, dispostas a colaborar para loitar contra a basuraleza grazas a diferentes acordos, desenvolvendo igualmente 29 alianzas con entidades de gran prestixio.
AS MÁSCARAS, UN NOVO RESIDUO
Aos residuos habituais como as cabichas, as toallitas ou os fragmentos de plástico, sumouse este ano un novo refugallos: as máscaras desbotables.
Para poñer de manifesto a importancia de que estes materiais non terminen nas contornas naturais, LIBERA lanzou a campaña #NoAbandonesTusGuantesYMascarillas para recalcar a importancia de que estes refugallos se depositen na papeleira o no contedor da fracción resto.
Doutra banda, unha das accións máis emblemáticas de LIBERA, ‘1m2pola natureza’, a gran recollis colectiva de basuraleza que cada ano se organiza no mes de xuño, tivo que reinventarse debido á pandemia. Así xurdiu ‘LIBERA600píxeles2 pola natureza’, unha variante virtual na que preto de 1.300 imaxes de espazos naturais españois foron compartidos nas redes para facer visible a súa beleza e diversidade, reclamando que se manteñan libres de residuos.
Así mesmo, e tendo en conta que en 2020 o turismo nacional tivo máis impacto, desde LIBERA ideouse a campaña #MiPuebloSinBasuraleza, unha iniciativa para fomentar o turismo sostible e respectuoso coa natureza á que se sumaron máis de 350 municipios de toda España.
Coa prevención como principal ferramenta, o proxecto tamén ofrece aos Espazos Naturais Protexidos de toda España distintos recursos para facilitar e favorecer a súa conservación, e continúa a traballar nos puntos negros como as cunetas, as cuencas dalgúns ríos, os portos, ou o WC, para evitar que os residuos terminen contaminando o medio ambiente.
Desde os seus inicios, incidiu na educación como o gran motor da sensibilización para acabar coa basuraleza. A través do programa Aulas LIBERA, e durante o curso 2019/2020, chegou a 11.300 alumnos e tamén estivo presente en 21 universidades e máis de 60 centros de FP.
LIBERA colabora con entidades e expertos para desenvolver metodoloxías que impulsen o coñecemento nos diferentes ecosistemas, sendo unha das iniciativas máis destacadas o proxecto Ciencia LIBERA, en colaboración co CSIC, sobre o impacto de contaminantes en 140 Áreas Importantes para a Conservación das Aves e a Biodiversidade.
Fonte e imaxe: Ecoembes