- Ten por obxecto alertar sobre as consecuencias medioambientais desta mala praxe.
- Un dos principais inconvenientes atópase no feito de que case todos os produtos hixiénicos conteñen plástico, que tarda séculos en descompoñerse, supoñendo igualmente unha ameaza para a fauna.
- Os motivos polos que os cidadáns desfanse de forma indebida deste tipo de residuos débese, por unha banda, á falta de información e de instalacións suficientes e, por outra, á falta de concienciación e civismo.
Cerceda, a 4 de decembro de 2019.- Múltiples produtos sanitarios ou destinados á hixiene persoal (toalliñas húmidas, lentillas, bastonciños para os oídos, compresas, tampóns, preservativos, etc), terminan diariamente abandonados na natureza ou no inodoro, ocasionando un grave impacto ambiental.
O Proxecto LIBERA, promovido por SEO/BirdLife e Ecoembes, lanzou unha nova campaña de sensibilización para alertar sobre esta mala praxe. Baixo a denominación ‘A Criatura’, esta iniciativa vai acompañada do informe “Tirando da cadea da hixiene persoal: a natureza como retrete; do retrete á contorna”, onde se citan diversos estudos nos que se recollen datos sobre a incidencia e impacto deste problema crecente, ao tempo que propón algunhas solucións.
Un dos principais inconvenientes atópase no feito de que case todos os produtos hixiénicos conteñen plástico, que tarda séculos en descompoñerse, supoñendo igualmente unha ameaza para a fauna, ben por enredo ou inxesta. Ademais, estes plásticos acaban fragmentándose, dando lugar aos microplásticos, partículas de menos de 5mm que non son solubles en auga e cuxa persistencia nas contornas naturais é moi elevada.
Os motivos polos que os cidadáns desfanse de forma indebida deste tipo de residuos débese, por unha parte, á falta de información e de instalacións suficientes e, por outra, á falta de concienciación e civismo.
Segundo un informe da Comisión Europea de 2016, de entre todos os obxectos que se tiran inadecuadamente polo inodoro, os máis comúns son os utilizados no cuarto de baño: bastonciños de algodón, compresas, tampóns e os seus aplicadores de plástico e preservativos. Entre estes produtos atópanse tamén as toalliñas húmidas. Segundo a Asociación Española de Abastecimientos de Agua y Saneamiento (AEAS), cada español utiliza ao ano máis de 15 kg.
Este alto consumo e o feito de tiralos polo inodoro implica que a rede de sumidoiros tamén se vexa afectada. Estímase que, cada día, refúganse 70.000 salvaslips, 2,5 millóns de tampóns e 1,4 millóns de compresas segundo estudos realizados en Reino Unido.
POSIBLES SOLUCIÓNS
O informe recolle unha batería de solucións a varios niveis. Por unha banda, alude ás organizacións ambientais, que deben deseñar e executar accións de sensibilización e concienciación dirixidas a toda a cidadanía, resultando primordial a obtención de dados para definir a aplicación de medidas.
A nivel individual, é preciso que os cidadáns adquiran novos hábitos preventivos mediante consumo responsable.
No caso das institucións públicas, estas poden aportar información e fomentar a concienciación necesaria a través de campañas de sensibilización, velando igualmente por un sistema de depuración de augas efectivo e eficiente que impida que os residuos arroxados polo váter acaben na natureza.
O sector turístico ten realizar un importante labor de información e sensibilización cara o turista e, o industrial, promover a innovación e o ecodeseño dos produtos de consumo doméstico.
Fonte e imaxe: Ecoembes
Saúdos, Departamento de Comunicación