- Trátase da cuarta edición da campaña ‘1m2 polo campo, os bosques e o monte’, que se desenvolverá entre o 12 e o 20 de decembro.
- A partir da información recabada, a iniciativa pretende formular estratexias máis eficientes e efectivas para acabar con este problema ambiental.
Cerceda, a 11 de decembro de 2020.- O Proxecto LIBERA, creado por SEO/BirdLife en alianza con Ecoembes, lanza unha nova edición (a cuarta) da campaña de ciencia cidadá ‘1m2 polo campo, os bosques e o monte’.
Terá lugar entre o 12 e o 20 de decembro, sendo o seu obxectivo recoller datos sobre os residuos abandonados en contornas terrestres e, a partir da información recabada, formular estratexias máis eficientes e efectivas para acabar con este problema ambiental.
Para a caracterización dos refugallos, os colectivos participantes empregarán a app móbil ‘eLitter’, desenvolvida polas asociacións Paisaxe Limpa e Vertidos Cero, en colaboración con LIBERA, integrando os datos obtidos nesta campaña de ciencia cidadá na propia base de datos do Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico (MITECORD).
Na pasada edición de ‘1m2 polo campo, os bosques e o monte’, grazas ás batidas de limpeza que se desenvolveron en 168 puntos do país, puidéronse caracterizar preto de 35.000 obxectos que se atopaban abandonados, principalmente en zonas onde hai actividade humana como parques, merendeiros, camiños ou ribeiras.
Con esta convocatoria, LIBERA pecha a súa última campaña de mobilización cidadá do ano trala celebración de ‘1m2 polas praias e os mares’, desenvolvida o pasado mes de setembro-outubro, e coa que se conseguiron caracterizar 4,6 toneladas de lixo e 20.500 obxectos.
Utilizadas de forma masiva pola poboación no marco do COVID-19, as máscaras desbotables constitúen un novo residuo nas contornas terrestres. Neste sentido, cabe recordar que o seu destino debe ser o contedor da fracción resto. Unha máscara abandonada na natureza poder tardar entre 300 e 400 anos en degradarse.
Fonte e imaxe: LIBERA