- Terán lugar o próximo 29 de abril, ás 19:00 horas, e contarán coa participación do humorista Juan Luís Cano, o youtuber José Luís Crespo (‘QuantumFracture’) e a presidenta da Asociación Española de Basuras Marinas (AEBAM), Pilar Zorzo.
- O obxectivo é achegar a problemática da basuraleza aos mozos e mozas de entre 18 e 35 anos.
Cerceda, a 27 de abril de 2020.- A fin de que os cidadáns coñezan con máis detalle o grave problema que representa o lixo abandonado en espazos naturais (basuraleza), o proxecto LIBERA, deseñado por SEO/BirdLife en alianza con Ecoembes, lanzou no seu momento as denominadas “Charlas contra a Basuraleza”, unhas xornadas de entretemento e concienciación que este ano comezan o seu ciclo en formato dixital, adaptándose así ás circunstancias xeradas polo COVID-19.
Terán lugar o próximo 29 de abril, ás 19:00 horas, sendo o seu obxectivo achegar a problemática da basuraleza aos mozos e mozas de entre 18 e 35 anos.
O encontro, cunha duración de 45 minutos, poñerá de relevo os retos aos que se enfronta a cidadanía, a necesidade de frear os seus efectos sobre o medio ambiente e de aportar solucións a esta problemática.
Este ciclo de actividades volve a contar con tres relatores de moi distinta traxectoria: Juan Luís Cano, presentador e humorista; José Luís Crespo, un dos youtubers científicos máis coñecidos en castelán, con máis de 2 millóns de seguidores na súa canle ‘QuantumFracture’, e Pilar Zorzo, científica e bióloga mariña, presidenta da AEBAM (Asociación Española de Basuras Marinas).
Segundo o III Informe sobre ‘Actitudes fronte á basuraleza‘ de LIBERA, un 17% e un 15% dos españois admite tirar lixo nalgunha ocasión no monte e na praia respectivamente, e se ben un 35,6% da poboación española asegura facer todo o que pode para coidar da natureza, o 53,2% considera que fai algo, pero non todo o que debería.
Ligazón ao evento (29 abril – 19h): https://proyectolibera.org/streaming-xornadas-por-a-basuraleza/
Fonte e imaxe: Libera