- Farao no marco da campaña ‘1m2 por los ríos, embalses y pantanos’, que se desenvolverá desde mañá ata o próximo 21 de marzo.
- O obxectivo é estudar de onde proveñen os residuos atopados e que impacto teñen na natureza.
- O pasado ano logrouse caracterizar máis de 25.000 refugallos, sendo os obxectos máis frecuentes pezas de plásticos de menos de 2,5 cm, cabichas e toallitas húmidas. Todo apunta a que, nesta ocasión, sumarase un novo residuo: as máscaras desbotables.
Cerceda, a 12 de marzo de 2021.- O Proxecto LIBERA, promovido por SEO/BirdLife e Ecoembes, lanza unha nova edición da campaña de ciencia cidadá “1m2 por los ríos, embalses y pantanos” para a recollida e caracterización de residuos abandonados nestas contornas.
Desenvolverase desde mañá, día 13, ata o próximo 21 de marzo, e contará coa axuda de voluntarios que recollerán refugallos en 338 puntos do país (ríos, encoros e pantanos) co fin de recompilar datos e estudar de onde provén o lixo e o impacto que ten na natureza.
Para iso, os colectivos empregarán a app móbil ‘eLitter’, unha ferramenta desenvolvida por Paisaje Limpio e Vertidos Cero, en colaboración con LIBERA, que lles permitirá integrar a información obtida na base de datos do MITECO.
En canto aos organizadores que crearon os puntos onde se desenvolverán as caracterizaciones, hai 78 creados por Concellos, 5 por centros de interpretación e Parques Naturais, 2 por Parques Nacionais (Guadarrama e Monfragüe); 35 por centros educativos e universidades, 27 por alianzas do Proxecto LIBERA, 177 por colectivos de diferente tipo e 14 por grupos de particulares.
Na pasada edición, e malia que algunhas accións tiveron que ser canceladas debido á emerxencia sanitaria, lográronse caracterizar máis de 25.000 residuos, recollendo un total de 3 toneladas de basuraleza en 126 puntos fluviais de toda a xeografía española.
Os obxectos máis frecuentes a nivel nacional foron as pezas de plásticos de menos de 2,5 centímetros, as cabichas e as toallitas húmidas. Todo apunta a que este ano sumarase un novo residuo: as máscaras desbotables, cuxo destino debe ser o contedor da fracción resto.
Fonte e imaxe: Libera