- Así o afirmou recentemente o presidente do Grupo Intergubernamental de Expertos sobre Cambio Climático (IPCC) no transcurso da inauguración do Foro Político de Alto Nivel sobre Desenvolvemento Sostible.
- Asegura que, limitando o alza da temperatura a 1,5ºC, habería un 50% menos de xente sen auga e 10 millóns menos estarían expostas ao aumento do nivel do mar. Reduciríase á metade o impacto negativo en varias formas de vida animal e vexetal, e diminuiríase nun terzo o risco de baixo rendemento das colleitas.
- En definitiva, reduciríanse os riscos para a diversidade biolóxica, a saúde, os medios de vida, a seguridade alimentaria, a seguridade humana e o crecemento económico. Pero para conseguilo precísase lograr a neutralidadE do carbono, como moi tarde, en 2050, ao seu xuízo un obxectivo posible grazas ás novas tecnoloxías e ás finanzas.
Cerceda, a 23 de xullo de 2019.- A acción contra o cambio climático e o desenvolvemento sostible son inseparables. Así o afirmou recentemente o presidente do Grupo Intergubernamental de Expertos sobre Cambio Climático (IPCC), Hoensung Lee, no transcurso da inauguración do Foro Político de Alto Nivel sobre Desenvolvemento Sostible.
Centrou o seu discurso en tres puntos de converxencia de ambos procesos. Referiuse, en primeira instancia, ao negativo impacto que ten o quecemento global na natureza e a humanidade, e que dificulta o avance cara á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. En segundo lugar, fixo fincapé no Acordo de París de limitar a temperatura a menos de dous graos Celsius e, en terceiro lugar, aludiu ás novas oportunidades económicas, ambientais e sociais que resultan das medidas contra o cambio climático e que dependen da cooperación internacional, a xustiza social e a equidade para desenvolver estratexias de resiliencia.
Explicou que case o 40% da poboación mundial vive en áreas onde o quecemento excede os 1,5 grados sobre os niveis preindustriales, alomenos unha tempada ao ano, circunstancia que limita os medios de vida da xente, especialmente nos países que dependen da agricultura, onde aumentou a emigración.
O quecemento actual pon en alto risco aos arrecifes de coral e a biodiversidade en xeral, ademais de afectar desproporcionadamente ao Ártico, ás illas pequenas, ás zonas secas e aos países menos desenvolvidos.
O incremento das temperaturas afecta de forma moi negativa aos ecosistemas, a saúde humana e a agricultura, circunstancia que dificulta a erradicación da fame e a pobreza. Sinalou tamén que se o quecemento chegase a exceder os 2ºC, non só non se eliminaría a fame e a pobreza, senón que non se reduciría a desigualdade, non todas as persoas terían acceso a auga potable e non se protexerían os ecosistemas.
Pola súa banda, limitando o alza da temperatura a 1,5ºC, habería un 50% menos de xente sen auga e 10 millóns menos estarían expostas ao aumento do nivel do mar. Reduciríase á metade o impacto negativo en varias formas de vida animal e vexetal, e diminuiríase nun terzo o risco de baixo rendemento das colleitas.
En definitiva, reduciríanse os riscos para a diversidade biolóxica, a saúde, os medios de vida, a seguridade alimentaria, a seguridade humana e o crecemento económico. Pero para conseguilo precísase lograr a neutralidade do carbono, como moi tarde, en 2050, ao seu xuízo un obxectivo posible grazas ás novas tecnoloxías e ás finanzas.
Fonte: ONU Medio Ambiente
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación