- Así se extrae dunha nova análise estatística desenvolvida pola División de Papel do Bureau of International Recycling (BIR), para o que contou co apoio da Confederación Europea de Industrias de Reciclaxe (EuRIC).
- Dos 211 millóns de toneladas producidas con estas fibras, en torno ao 86% eran materiais de embalaxe, o 5% papel de xornal, o 4% papel de impresión e escritura, e outro 4% papel tisú.
Cerceda, a 6 de agosto de 2020.- Máis da metade da produción mundial de papel e cartón en 2018, concretamente o 50,2%, realizouse con fibra recuperada e, dos 211 millóns de toneladas producidas con estas fibras, en torno ao 86% eran materiais de embalaxe, o 5% papel de xornal, o 4% papel de impresión e escritura, e outro 4% papel tisú.
Así se extrae dunha nova análise estatística desenvolvida pola División de Papel do Bureau of International Recycling (BIR), para a que contou co apoio da Confederación Europea de Industrias de Reciclaxe (EuRIC) a fin de recompilar datos dunha serie de fontes autorizadas, incluídas RISI e a Confederación de Industrias Papeleiras Europeas (CEPI), así como de tendas de información divisional.
Na introdución do informe, o presidente da División de Papel de BIR, Jean-Luc Petithuguenin, de Paprec en Francia, explica: “Desde o noso campo de base estatística, propuxémonos facer cálculos razoados que nos permitiron cuantificar a contribución masiva feita por fibras recicladas como un compoñente ambientalmente beneficioso da produción mundial de papel e cartón".
En 2018 producíronse máis de 250 millóns de toneladas de papel recuperado en todo o mundo, das cales Asia representaba ao rredor do 43%, Europa preto do 27% e Norteamérica, en torno ao 21%. E, malia unha caída interanual do 38% nas importacións chinesas en 2018 debido ás cambiantes regras de importación, Asia seguiu sendo o principal mercado de exportación para os excedentes europeos e estadounidenses de fibra recuperada.
Ao realizar eses estudos, é posible «identificar e cuantificar as tendencias emerxentes en torno ás cales podemos basear as nosas decisións comerciais actuais», afirma Petithuguenin. Ademais, esas análises proporcionan á industria do reciclado un apoio estatístico para explicar aos lexisladores e responsables políticos de todo o mundo a positiva contribución ambiental e económica do reciclado do papel e o cartón.
Os datos recompilados «ilustran a importancia da fibra recuperada na produción de papel e cartón en todo o mundo, en particular no crecente segmento dos envases«, engade Petithuguenin. Ao mesmo tempo, no informe sinálase que hai marxe para «un aumento significativo da utilización de fibras recuperadas, ata no segmento da impresión e a escritura e nalgunhas rexións emerxentes do mundo», conclúe.
Fonte: BIR
Imaxe: Pixabay