- Os residuos domésticos supoñen o 54% das case 60 millóns de toneladas de alimentos refugados na Unión Europea. O resto pérdese en distintas fases da cadea de subministración.
Cerceda, a 1 de outubro de 2024.- Segundo datos publicados por Eurostat con motivo da celebración, o pasado 29 de setembro, do Día Internacional de Concienciación sobre a Perda e o Desperdicio de Alimentos, en 2022 desperdiciáronse na Unión Europea (UE) 59,2 millóns de toneladas de residuos alimentarios, que inclúen partes comestibles e non comestibles. Isto supón uns 132 kg por habitante.
Os residuos domésticos representaron o 54% de todo o desperdicio alimentario, o que equivale a 72 kg por habitante. O 46% restante foron residuos xerados cara arriba na cadea de subministración alimentaria: o 19% pola fabricación de produtos alimentarios e bebidas (25 kg por habitante), o 11% polos restaurantes e servizos alimentarios (15 kg por habitante), o 8% na venda polo miúdo e outros tipos de distribución de alimentos (11 kg por habitante) e o 8% na produción primaria (10 kg por habitante).
Fonte e imaxe: Residuos Profesional