- Así se recolle nas conclusións do estudo “La sostenibilidad, el compromiso medioambiental y el reciclaje tras la COVID-19”, realizado por Focus para Ecoembes.
- Os mozos de entre 16 e 35 anos son os que máis comezaron a reciclar refugallos que antes non reciclaban (un 20,7% así o declara), así como os fogares con catro membros ou máis, e con presenza de nenos (cun 18,6%).
Cerceda, a 25 de xuño de 2020.- Tal e como se recolle nas conclusións do estudo “La sostenibilidad, el compromiso medioambiental y el reciclaje tras la COVID-19”, realizado por Focus para Ecoembes durante a fase 0 da desescalada, máis de 2,5 millóns de españois (o 6,7% da poboación), aseguran ter empezado a seleccionar residuos durante a etapa do confinamento que antes non segregaban ou ben incorporaron este hábito no seu día a día.
O 45,4% dos enquisados fixéronno cos envases do contedor amarelo (envases de plástico, latas e briks) e o 28,6% cos do contedor azul.
En canto ao perfil, son os mozos de entre 16 e 35 anos os que máis comezaron a reciclar refugallos que antes non reciclaba (un 20,7% así o declara), así como os fogares con catro membros ou máis, e con presenza de nenos (cun 18,6%).
O estudo evidencia tamén como os españois continúan confiando na reciclaxe como unha das principais ferramentas para coidar o medio ambiente, de tal xeito que o 95,3% afirma que reciclar é importante para frear o cambio climático.
Máis da metade dos enquisados considera que os problemas ambientais constitúen un dos grandes retos a enfrontar como sociedade, mostrando a súa preocupación respecto de cuestións relacionadas co cambio climático e a contaminación.
Fonte e imaxe: Ecoembes