- Baixo o lema “Xuntos alimentamos solucións”, terá lugar o próximo 26 de setembro en Madrid.
- A través desta cita, daranse a coñecer novas estratexias que favoreceron a posta en valor e reaproveitamento dos alimentos, poñendo o foco de atención en casos de éxito promovidos desde o sector primario, a industria, a distribución e a hostalería.
- O evento enmárcase no proxecto “A alimentación non ten desperdicio”, impulsado pola Asociación de Fabricantes e Distribuidores.
- Europa xera o 14% do desperdicio mundial de alimentos e España é o sétimo que máis comida desperdicia do continente, con 7,7 millóns de toneladas.
Cerceda, a 28 de agosto de 2019.- Baixo o lema “Xuntos alimentamos solucións”, máis de 300 representantes de empresas, administracións e ONG daranse cita no ‘VII Punto de Encontro AECOC contra o desperdicio alimentario’, que terá lugar o próximo 26 de setembro en Madrid (Auditorio Fundación Pablo VI).
A través deste evento, a Asociación de Fabricantes e Distribuidores dará a coñecer novas estratexias que favoreceron a posta en valor e reaproveitamento dos alimentos, poñendo o foco de atención en casos de éxito promovidos desde o sector primario, a industria, a distribución alimentaria e a hostalaría.
O cadro de relatores está conformado, entre outros, por referentes internacionais como Cristina Reni, directora executiva do proxecto social Food for Soul, impulsado polo chef estrela Massimo Bottura para reducir o desperdicio alimentario utilizando a comida como unha ferramenta de inclusión social.
Pola súa parte, as fundadoras de Upprinting Food explicarán como esta startup holandesa fixo da tecnoloxía de impresión 3D un elemento capaz de recuperar os refugallos alimenticios de diferentes industrias.
Así mesmo, o gran operador do retail en Portugal, Sonae, representado polo seu director de sostibilidade, Pedro Lago, exporá a súa estratexia na materia.
Entre os proxectos nacionais que se divulgarán neste evento atópanse o programa ‘Pesa i Pensa’, co que Campos Estela logrou diminuír nun 70% a perda de alimentos nos comedores escolares participantes; a operativa de Damm para aumentar a vida dos produtos e minimizar a xeración de residuos con programas para reconvertelos en materiais ou recursos; Too Good to Go, a app móbil que conecta restaurantes, supermercados, hoteis e panaderías con usuarios para dar saída aos seus excedentes diarios de comida a un prezo reducido; e o proxecto Zero Cabin Waste, destinado a mellorar a xestión do lixo derivado do servizo de catering dos avións.
“A ALIMENTACIÓN NON TEN DESPERDICIO”
Europa xera o 14% do desperdicio mundial de alimentos e España é o sétimo que máis comida desperdicia do continente, con 7,7 millóns de toneladas.
Ante esta problemática AECOC puxo en marcha o proxecto “A alimentación non ten desperdicio”, no que colabora toda a cadea (sector primario, industria, distribución, administración e bancos de alimentos) a fin de contribuír a minimizar esta problemática.
Desde o comezo desta iniciativa, as empresas participantes conseguiron reducir notablemente as súas porcentaxes de desperdicio ata situalos nun 0,7% do total producido (a súa porcentaxe de partida situábase nun 1,71%).
Fonte: AECOC
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación