- Con motivo do Día Mundial Sen Tabaco, que se celebrou o pasado 31 de maio, o Proxecto LIBERA recordou o negativo impacto das cabichas na natureza e a necesidade de facer fronte a este problema, toda vez que constitúen un dos principais residuos que se atopan nas contornas naturais de España.
Cerceda, a 2 de xuño de 2020.- Con motivo do Día Mundial sen Tabaco, celebrado o pasado 31 de maio, o proxecto LIBERA, de SEO/BirdLife en alianza con Ecoembes, aproveitou a ocasión para facer un chamamento aos cidadáns e conciencialos sobre a importancia de non abandonar cabichas en contornas naturais.
Ademais do problema asociado á xeración de incendios, estes residuos contaminan os ecosistemas. De feito, o Informe sobre colillas en espacios naturales publicado en 2018, recolle que unha cabicha pode contaminar ata 50 litros de auga.
O mesmo informe mostra que as cabichas convertéronse nun dos principais refugallos atopados en espazos naturais. En cifras, calcúlase que, dos seis billóns de cigarros que se fuma en todo o mundo cada ano, 4,5 billóns terminan abandonados na natureza.
Segundo o último Barómetro da Basuraleza de LIBERA, as cabichas son en España o segundo tipo de residuo máis atopado nos ríos, embalses e pantanos e o primeiro tipo nas praias e mares.
Por este motivo, desde LIBERA apélase á responsabilidade dos consumidores de tabaco para que non arroxen cabichas ao chan. Este comportamento é especialmente importante nas contornas naturais como praias, mares, ríos ou montes polo efecto contaminador das cabichas debido a sustancias que conteñen como cadmio, arsénico, nicotina, tolueno e outros compoñentes, así como por ser unha posible orixe de incendios.
Desde fai máis de tres anos, LIBERA traballa activamente para concienciar aos consumidores, entendendo que a prevención é a mellor solución a este problema. Como exemplos, campañas de sensibilización tales como #SeTeHaCaído ou #TenemosUnProblema axudaron a identificar a situación e a que os cidadáns sexan conscientes da importancia dos seus xestos.
Fonte: Libera
Imaxe: Pixabay