- Con tal fin, instaláronse 148 recopiladores Ecopilas nos centros adheridos ao programa de educación mediambiental Grímpola Ecomar, dirixido a escolares con idades comprendidas entre os 7 e os 14 anos.
- Así mesmo, distribuíronse 7.000 minirecopiladores domésticos entre socios e alumnos destes centros para que a reciclaxe de pilas usadas se impulse tamén desde o fogar.
Cerceda, a 9 de setembro de 2019.- Un total de 74 clubs e escolas náuticas de toda España implicáronse este verán na recollida selectiva de pilas usadas para propiciar o seu reciclado.
Así, entre o 1 de xullo e o 30 de agosto, alumnos e socios destas entidades participaron activamente nunha nova edición da campaña “Ponte las pilas y recicla”, promovida polas Fundacións Ecopilas e Ecomar.
Con tal fin, instaláronse 148 recopiladores Ecopilas nos centros adheridos ao programa de educación mediambiental Grímpola Ecomar, dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 7 e os 14 anos.
Impartíronse igualmente talleres de formación e distribuiuse material didáctico para sensibilizar aos pequenos na protección do medio ambiente e en hábitos de vida saudable.
Así mesmo, repartíronse 7.000 minirecopiladores domésticos entre socios e alumnos para que a reciclaxe de pilas usadas se impulse tamén desde o fogar.
Fonte e imaxe: Ecopilas
Saúdos, Departamento de Comunicación