- Así se desprende dun informe realizado por LIBERA, o proxecto creado por SEO/Birdlife en colaboración con Ecoembes para frear as consecuencias da basuraleza nos diferentes ecosistemas.
- O 43% das persoas que participaron neste estudo considera que a situación mellorou na última década e que na actualidade arróxanse menos residuos na natureza.
- As contornas naturais que, segundo os enquisados, veranse máis afectadas nos próximos anos por este fenómeno son, para un 54,7%, as praias e os mares; para un 24%, os ríos, embalses e pantanos; e, para un 21%, os bosques e montes.
Cerceda, a 28 de xaneiro de 2019.- Segundo un estudo realizado por LIBERA, o proxecto creado por SEO/Birdlife en colaboración con Ecoembes para frear as consecuencias do lixo abandonado nos diferentes ecosistemas españois (o que se coñece como “basuraleza”), o 41% dos enquisados cre que o abandono de residuos en espazos naturais descenderá (moito ou bastante) durante os próximos anos; unha percepción que non comparte o 18% dos enquisados, para quen o problema empeorará.
O informe, que leva por título “Actitudes fronte á basuraleza”, aglutinou a realización de 5.026 enquisas en toda España, sendo o seu obxectivo analizar o nivel de concienciación dos cidadáns fronte á basuraleza, así como o seu comportamento e hábitos cando se atopan na contorna natural.
O 43% das persoas que participaron neste estudo considera que a situación mellorou na última década e que na actualidade arróxase menos lixo na natureza; unha opinión que non comparte o 33% dos enquisados, os cales afirman que o problema agravouse. Pola súa banda, o 24% considera que non se produciron avances e que a situación é a mesma que a doutrora.
As contornas naturais que, segundo os españois, veranse máis afectados nos próximos anos polos residuos son, para un 54,7%, as praias e os mares; para un 24%, os ríos, embalses e pantanos; e, para un 21%, os bosques e montes.
Se ben o foco de atención está no mar, non debe esquecerse que o 80% da basuraleza provén de terra, de aí a necesidade de informar, formar e concienciar ao respecto, dando unha maior visibilidade a esta problemática para lograr unha maior implicación da poboación.
Fonte e imaxe: Proxecto Libera
Saúdos, Departamento de Comunicación