- Atendendo á crise orixinada polo COVID-19 e, con motivo da conmemoración do Día Mundial do Auga, púxose o foco de atención na gran importancia que este prezado tesouro ten para a protección da saúde dos cidadáns.
Cerceda, a 23 de marzo de 2020.-Atendendo á crise orixinada polo COVID-19 e, con motivo da conmemoración do Día Mundial da Auga (22 de marzo) púxose o foco de atención na gran importancia que este prezado tesouro ten para a protección da poboación fronte ao coronavirus. Auga e xabón constitúen as nosas dúas principais armas de defensa contra esta e outras enfermidades infecciosas.
É por isto que, a nivel internacional, recordouse a situación desas persoas que habitan en países onde non teñen acceso á auga e que, ante unha pandemia destas características, atópanse aínda máis desprotexidas e indefensas. A nivel mundial, miles de millóns de persoas carecen de instalacións básicas de hixiene nos seus fogares e escolas.
Con esta efeméride, centrada este ano no binomio auga e cambio climático, preténdese concienciar sobre a crise mundial da auga e a necesidade de buscar medidas para abordala de maneira que alcancemos o Obxectivo de Desenvolvemento Sostible Nº 6: Auga e saneamento para todos antes de 2030.
Os expertos aseguran que, se usamos este recurso natural de forma eficiente, tamén contribuiremos a reducir os gases de efecto invernadoiro, protexeremos a saúde e salvaremos vidas.
Hoxe, máis que nunca, a auga debe estar presente nas nosas vidas. Lavemos regularmente as nosas mans (con auga e xabón) e adoptemos todas as medidas preventivas recomendadas e esixidas polas autoridades. Sexamos responsables, consecuentes e solidarios.
Saúdos, Departamento de Comunicación