- Apelan á responsabilidade, á prudencia e á solidariedade fronte á Covid, e invitan á cidadanía a apostar, hoxe máis que nunca, polo comercio local, o aforro enerxético, a mobilidad sostible, a loita contra o desperdicio alimentario e a redución e reciclaxe de residuos.
- Así mesmo, animan a enfrontar o ano 2021 con optimismo, esperanza e enerxías renovadas.
Cerceda, a 28 de decembro de 2020.- Aproxímase o Nadal e a incerteza non deixa de acosarnos cada día. As datas por excelencia para os reenconttros, viaxes, ceas de empresa, festivais, celebracións, tempo de lecer e reunións familiares, parecen desvanecerse antes de que cheguen estas Festas.
Culminamos un ano especialmente duro e tráxico. Son moitos os que xa non están, ou os que si están, pero rotos de dor, os que ven perigar a súa economía, os que se tiveron que afastar dos seus seres queridos, os que poñen en risco a súa vida para salvar a doutros e os que, cada día, son presa do temor e a preocupación.
Pero, quizais, este Nadal tan peculiar, tamén sexa un bo momento para dar carpetazo aos sentimentos negativos e sentar os cimentos para recuperar a ilusión por un futuro que, entre todos, debemos pintar de verde.
REINVENTAR EN CLAVE CIRCULAR
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e Sogama proporcionan unha serie de consellos para reinventar este Nadal e facelo máis sostible.
- Sorrí á adversidade. É a mellor forma de facerlle fronte.
- Aposta polo pequeno comercio e prioriza os produtos locais e de tempada. Hoxe, máis que nunca, temos que volcarnos co noso.
- Pensa antes de comprar. Ti, como consumidor, tes a capacidade de decidir.
- Regala de forma sostible e orixinal. Non fai falta gastar inxentes cantidades de diñeiro. Algo creado por ti, e ao que dediques tempo e esforzo, resulta especialmente reconfortante e atractivo para quen o recibe, ademais de inesquecible.
- Non regales mascotas. Non son xoguetes nin caprichos. Requiren compromiso e responsabilidade. Sé consecuente.
- Bota a voar a túa imaxinación. Constrúe a túa propia árbore de Nadal e decóraa con obxectos reciclados.
- Ollo coas luces navideñas. Prográmaas para que luzan cando esteas en casa. Brillan máis se se usan con moderación.
- Non fan falta manxares excepcionais para gozar destas Festas. Receitas gastronómicas sinxelas, elaboradas con artigos de proximidade e económicos, poden resultar igualmente deliciosas. O mellor: unha boa conversación e compañía en torno a unha mesa, aderezada cun menú feito con agarimo.
- Axusta as racións ao número de comensais e aproveita as sobras para elaborar novos pratos. Evita o desperdicio alimentario.
10. Fai un uso racional da tecnoloxía e declara a guerra á obsolescencia programada. Intenta reparar os teus dispositivos eléctricos e electrónicos antes de comprar outros novos.
11. Desprázate de forma sostible: camiña, utiliza a bicicleta e prioriza o transporte público para percorridos longos.
12. Nestas datas increméntanse os residuos de forma exponencial. Reduce a súa xeración, alonga a vida útil dos produtos a través da súa reutilización e sepáraos por tipoloxías para depositalos nos contedores correspondentes e propiciar así o seu reciclado. Os refugallos conteñen recursos de alto valor.
13. Sé solidario, pero non só en Nadal. Necesitámosnos uns a outros os 365 días do ano.
14. Respecta e segue fielmente as normas e recomendacións das autoridades en cada momento. Loitar contra a COVID-19 é tarefa de todos.
15. Intenta ser feliz, goza do que tes e enfronta 2021 con esperanza e enerxías renovadas.
Ligazón campaña: http://www.sogama.gal/gl/campanha/reinventemos-este-nadal
Saúdos, Departamento de Comunicación