- A iniciativa, promovida polo Concello, conta coa colaboración de Sogama, quen subministrou unha nova partida de 50 composteiros domésticos, así como manuais didácticos de apoio
- Tendo en conta entregas anteriores realizadas por esta empresa pública, xa son 280 as vivendas de Vedra que autoxestionan os seus refugallos orgánicos para convertelos en abono natural
Cerceda, a 7 de novembro de 2022.- Medio cento de familias da localidade coruñesa de Vedra súmanse ao programa de compostaxe doméstica promovido polo Concello e no que colabora Sogama. A empresa pública entregou ao ente local unha nova partida de 50 composteiros que, sumadas a anteriores subministracións, fan un total de 280.
Requisito esencial para participar nesta iniciativa é que os veciños interesados habiten en vivendas unifamiliares que dispoñan de terreo (horta, xardín e/o terras de cultivo) no que aplicar o compost resultante. Desta forma péchase o círculo de aproveitamento da materia orgánica, que regresa á terra para dar unha nova vida, seguindo o circuíto da natureza.
Dado que os restos orgánicos representan preto dun 40% na composición media dunha bolsa de lixo tipo, se esta fracción se recicla en orixe, evítase o seu depósito no contedor convencional, diminuíndo deste xeito a cantidade de lixo a recoller e transportar por parte dos servizos municipais e, polo tanto, reducindo as emisións de CO2 á atmosfera.
Ademais, ao entregar menor cantidade de bolsa negra a Sogama, o concello verá minorado o importe da factura que debe pagar a esta compañía polos seus servizos.
Así mesmo, tampouco debe esquecerse que, co autocompostaje, recupérase unha práctica tradicional no rural galego como é a segregación da materia orgánica para alimento do gando e/o elaboración de compost, un abono natural con excelentes propiedades para o solo e que mesmo o protexe fronte a pragas e enfermidades.
Cp fin de que os participantes dispoñan de toda a información, Sogama remitiu ao ente local manuais didácticos de apoio nos que se explican os pormenores da técnica de autoxestión da materia orgánica, detállanse os pasos para seguir e dáse resposta ás preguntas e dúbidas máis frecuentes.
Do mesmo xeito que en anteriores ocasións, o seguimento deste programa correrá a cargo do Concello, encargado de avaliar o nivel de acollida da mesma, o grao de compromiso dos usuarios e as dúbidas máis frecuentes, á vez que tomará nota das achegas realizadas pola veciñanza.
Saúdos, Departamento de Comunicación