- Baixo o título “Retos e oportunidades do sector da recuperación”, terá lugar en Madrid o próximo 22 de maio.
- Trátase dun encontro no que recoñecidos e prestixiosos expertos debaterán sobre aspectos clave para o futuro da recuperación e a reciclaxe do papel e cartón.
- A xornada servirá de escenario para a entrega do premio MNR á reciclaxe, co que a Mesa da Nova Recuperación quere dar visibilidade a iniciativas innovadoras de economía circular.
Cerceda, a 7 de maio de 2019.- Madrid acollerá o próximo 22 de maio, e baixo o título “Retos e oportunidades do sector da recuperación”, o II Encontro MNR da cadea da reciclaxe de papel, promovido e organizado pola Mesa da Nova Recuperación de ASPAPEL.
Trátase dun encontro no que recoñecidos e prestixiosos expertos debaterán sobre aspectos clave para o futuro da recuperación e a reciclaxe do papel e cartón. Con tal fin abordarase o novo marco normativo de residuos, a situación dos mercados internacionais, o seguro contra incendios ou o autoconsumo eléctrico como oportunidade para o aforro económico na factura enerxética.
O evento inclúe igualmente un panel de debate do que formarán parte fabricantes e recuperadores coa pretensión de poñer en común as estratexias futuras para abordar os retos e oportunidades do sector con visión de cadea.
Poñerá o peche Emilio Duró, gurú do optimismo e recoñecido conferenciante, que deleitará aos presentes cunha elocuente intervención “Non vale renderse”.
Así mesmo, a xornada servirá de escenario para a entrega do premio MNR á reciclaxe, co que a Mesa da Nova Recuperación quere dar visibilidade a iniciativas innovadoras de economía circular.
SOBRE A MESA DA NOVA RECUPERACIÓN
Constitúese en 2015, no seo de ASPAPEL, como unha iniciativa aberta a todas as empresas do sector da recuperación do papel e o cartón que queiran contribuír ao desenvolvemento de novas estratexias e proxectos de futuro cunha visión integradora.
A Mesa créase precisamente co obxectivo de traballar conxuntamente na definición e consecución de obxectivos comúns para crear valor ao longo da cadea da reciclaxe de papel e cartón, en colaboración con todos os axentes que forman parte da mesma.
Pola súa banda, ASPAPEL (Asociación Española de Fabricantes de Pasta, Papel e Cartón) é unha organización profesional de ámbito estatal, que aglutina ás empresas do sector da celulosa e o papel, representando estas a máis do 90% da produción do sector, a fin de contribuír ao desenvolvemento competitivo e sostible das mesmas, sendo as súas áreas de actuación o medio ambiente, enerxía, forestal, reciclaxe, relacións laborais, prevención de riscos laborais e comunicación.
Fonte e imaxe: ASPAPEL
Saúdos, Departamento de Comunicación