- Este movemento convida aos cidadáns a apagar a luz mañá, 26 de marzo, entre as 20:30 e as 21:30, hora local
- En España, máis de 260 municipios e máis de medio cento de institucións xa se inscribiron na campaña
- En pasadas edicións apagáronse máis de 17.000 monumentos tan emblemáticos como a Torre Eiffel de París, o Coliseo de Roma ou a Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela.
Cerceda, a 25 de marzo de 2022.- Máis de 260 municipios españois e máis de medio cento de institucións xa se inscribiron na campaña “A Hora do Planeta”. Entre as grandes cidades figuran Valencia, Zaragoza e Barcelona, e, no caso doutras localidades de menor tamaño, cóntase con Marín, San Martín del Rey Aurelio, Marchamalo, Ajofrín, Gata de Gorgos, Crevillent, Catarroja, El Molar, Pinto, Igualada, Catarroja, Cifuentes ou Pampanera, que participan todos os anos.
Igualmente, medio cento de organizacións, públicas e privadas, ademais de ONG e partidos políticos, uniranse a esta iniciativa.
En apenas 10 días, as luces de todo o mundo iranse apagando durante unha hora e a maior campaña de sensibilización ambiental percorrerá todos os fusos horarios, empezando nas Illas Cook e rematando na Illa de Pascua.
En pasadas edicións apagáronse máis de 17.000 monumentos tan emblemáticos como a Torre Eiffel de París ou o Coliseo de Roma. En España, algúns son a Basílica do Pilar de Zaragoza, a Praza do Obradoiro en Santiago de Compostela, a Catedral de Oviedo, o Castelo de Bellver en Palma de Mallorca, as Casas Colgadas de Cuenca, a Sagrada Familia de Barcelona, a Cidade Monumental de Cáceres, a Catedral de Astorga, a Catedral de Burgos, o Miguelete e a Catedral de Valencia.
DESDE 2007
A Hora do Planeta naceu en Sidney, en 2007, como un xesto simbólico para chamar a atención sobre o problema do cambio climático e consiste en apagar as luces de edificios e monumentos durante unha hora.
Ao longo do tempo, converteuse nun dos movementos ambientais con máis repercusión no mundo, ofrecendo un altofalante a millóns de persoas e a milleiros de empresas e institucións que se suman en máis de 200 países.
2022, UN MOMENTO DIFÍCIL
A edición 2022 ten lugar nun momento especialmente importante. Unha alianza de gobernos e organizacións, entre elas WWF, piden unha maior ambición e unha acción urxente para deter e reverter a perda da natureza e cumprir cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible marcados pola Axenda 2030.
Este ano cobra aínda máis relevancia o concepto One Health pois, logo da pandemia, cada vez é máis evidente que só podemos vivir como seres humanos sans nun planeta que tamén o está. Así mesmo, terá lugar nun momento moi difícil debido ao conflito en Ucraína e a crise humanitaria que está a provocar.
Este movemento creouse precisamente para unir ao mundo e para lograr paz e harmonía entre os seres humanos e a natureza.
Mañá, 26 de marzo, entre as 20:30 e as 21.30, horario local, WWF convídanos a apagar a luz.
Saúdos, Departamento de Comunicación