- No marco do mesmo, proporciónase aos estudantes as ferramentas necesarias para reducir a súa pegada de plástico e concienciar ás comunidades para que fagan o propio.
- Exemplo disto é unha estudante universitaria da India, Annanya Joshi, quen lanzou unha iniciativa de base para alentar aos restaurantes e tendas a prescindir dos utensilios e bolsas plásticas de usar e tirar.
- Desde o seu lanzamento, en xuño de 2019, ao redor de 100.000 mozos/as en India participaron no plan de estudos do desafío Tide Turners e o Goberno comprometeuse a compartilo nas súas 167.000 ecoescolas.
Cerceda, a 6 de xullo de 2020.- Ante a inxente cantidade de plástico que acaba a súa vida útil en rúas, ríos e praias, orixinando graves problemas de contaminación ambiental, un movemento global deseñado por mozos/as “Tide Turners Plastic Challenge” pretende facer fronte a esta problemática a través de accións impulsadas desde todos os niveis educativos, proporcionando aos estudantes as ferramentas que necesitan para reducir as súas pegadas de plástico e concienciar ás comunidades para que fagan o propio.
Exemplo disto é unha estudante universitaria da India, Annanya Joshi, quen liderou unha iniciativa de base para alentar aos restaurantes e tendas a prescindir dos utensilios e bolsas plásticas de usar e tirar.
Desde o seu lanzamento, en xuño de 2019, ao redor de 100.000 mozos/as dese país participaron no plan de estudos do desafío Tide Turners, co apoio do Fondo Mundial para a Natureza (WWF), o Centro para a Educación Ambiental e a Fundación Million Sparks, socios principais que permitiron impulsar a iniciativa en todo o país.
Agora, o programa está listo para crecer aínda máis, xa que o Goberno da India comprometeuse a compartir o Tide Turners Plastic Challenge nas súas 167.000 eco-escolas.
"Só cambiaremos a marea do plástico se cambiamos os nosos hábitos e usamos a nosa voz para influír no cambio. Este plan de estudos é un programa de liderado que esperamos que abra a porta a unha acción ambiental máis profunda", indicou Sam Barratt, xefe da Unidade de Mocidade, Educación e Incidencia do PNUMA.
Algúns plásticos tardan milleiros de anos en descompoñerse, tempo no cal contaminan o solo, obstrúen sumidoiros, danan a biodiversidade mariña e ingresan ao sistema alimentario. Combater a marea do plástico é unha prioridade para o Organización Mundial do Movemento Scout, a Asociación Mundial de Guías Scouts e Junior Achievement, socios fundadores da iniciativa Tide Turners.
Fonte e imaxe: ONU Medio Ambiente