- Emprendedores desta industria buscan agora unha fibra sostible que poida reutilizarse de forma indefinida.
- A empresa Moral Fiber (Fibra Moral) desenvolveu un proceso químico a través do cal consegue extraer o poliéster de roupa vella (o tecido máis común na roupa de produción masiva) e crear un novo fío.
- O obxectivo, segundo os seus promotores, é satisfacer as demandas dunha clase media crecente, pero dunha forma sostible e xerando menos residuos.
- Aseguran que esta tecnoloxía é capaz de extraer poliéster de calquera material mesturado e pode ser axeitado para reciclar outros plásticos (envases, botellas, empaquetados, etc).
Cerceda, a 14 de xaneiro de 2019.- A moda estase reciclando. Emprendedores desta industria buscan agora unha fibra sostible que poida reutilizarse de forma indefinida. A empresa Moral Fiber (Fibra Moral) desenvolveu un proceso químico a través do cal consegue extraer o poliéster de roupa vella (o tecido máis común na roupa de produción masiva) e crear un novo fío. O proceso atópase en fase piloto nunha planta situada en Los Ángeles, pero con boas perspectivas. O obxectivo, segundo os seus promotores, é satisfacer as demandas dunha clase media crecente, pero dunha forma sostible e xerando menos residuos.
Akshay Sethi e Moby Ahmed, tiveron esta idea cando estudaban na Universidade de California, en Davis, e a partir de aí comezaron unha operativa de ensaio e erro, atopando un proceso químico a través do cal, e ao parecer, lógrase extraer o poliéster a nivel molecular para producir fío novo. Aseguran que esta tecnoloxía é capaz de extraer poliéster de calquera material mesturado e pode ser axeitado para reciclar outros plásticos (envases, botellas, empaquetados).
A instalación de Los Ángeles procesa cada día da orde de 100 quilos de roupa procedente de tendas locais, pero a empresa xa está analizando como aumentar a produción e lanzar unha colección propia.
A iniciativa visualízase como unha forma de facer fronte ao lixo plástico e propiciar que o poliéster non acabe no mar, ademais de evitar que as microfibras que desprenden os téxtis acaben contaminando ríos e océanos. Estímase que, alomenos, 51 billóns de partículas microplásticas ensucian os mares, o que representa 500 veces máis que as estrelas que hai na nosa galaxia.
A innovación concíbese así como unha forma de poñer fin aos plásticos dun só uso, ofrecendo solucións sostibles para unha economía circular.
De feito, as solucións innovadorsa para enfrontar as crises ambientais centrará a cuarta Asemblea das Nacións Unidas para o Medio Ambiente, que se celebrará o próximo mes de marzo baixo o lema “Pensa no Planeta. Vive Simple”.
Fonte e imaxe: ONU Medio Ambiente
Saúdos, Departamento de Comunicación