- Dado que constitúen un claro exemplo de envases plásticos de usar e tirar, investigadores da universidade de Costa Rica traballan na configuración dunha lámina a partr de polímeros biodegradables para o seu uso na fabricación de envases desta tipoloxía máis sostibles.
- A idea leva por nome EcoBlist e o elemento base utilizado é un composto completamente natural do que se sabe que si pode ser cultivado pero que, de momento, e a fin de protexer a propiedade intelectual, non foi revelado.
- Se as condicións do país melloran e se se atopa apoio económico, o equipo confía que nos próximos dous anos se obteñan xa resultados iniciais.
Cerceda, a 24 de setembro de 2020.- Tendo en conta que os blísteres dos medicamentos constitúen un claro exemplo de envases plásticos de usar e tirar, mozos investigadores da Facultade de Farmacia da Universidade de Costa Rica (UCR), traballan na configuración dunha lámina a partir de polímeros biodegradables para o seu uso na fabricación de envases desta tipoloxía máis sostibles.
A idea leva por nome EcoBlist e o elemento base é un composto completamente natural do que se sabe que si pode ser cultivado pero que, de momento, e a fin de protexer a propiedade intelectual, non foi dado a coñecer.
“EcoBlist axuda a que os usuarios de medicamentos utilicen empaquetados que aseguren a calidade, a seguridade e a eficacia dos fármacos. Ao mesmo tempo, axuda ao medio ambiente, pois trátase dun empaquetado biodegradable”, afirmou Cristopher Rosales, un dos integrantes do equipo.
Outro dos investigadores explicou que a idea naceu logo de realizar unha rigorosa revisión bibliográfica na que figuraba unha investigación científica publicada pola Universidade de Georgia, Estados Unidos, que revelou que en 2015 xeráronse un total de 400.000.000 de toneladas de plástico. “Desa cifra, o 36% utilizouse para a produción de envases, entre os que se atopan os blísteres de medicamentos. Do mesmo xeito que outros plásticos, causan afecciones ao medio ambiente, á saúde e á economía”.
Debido á pandemia do COVID-19, os mozos non lograron consolidar un prototipo, se ben o Dr. German Madrigal Redondo, docente coordinador do curso “Xestión da Innovación” da Facultade de Farmacia da UCR, asegurou que o proxecto é completamente viable e acorde á nova normalidade. De feito, recibiu ata o apoio e asesoría de varios centros de investigación costarricenses como é o caso do Centro Nacional de Ciencia e Tecnoloxía de Alimentos (CITA-UCR), o Centro Nacional de Innovacións Biotecnolóxicas (Cenibiot) e o Instituto de Investigacións Farmacéuticas (Inifar-UCR).
Se as condicións do país melloran e se se atopa apoio económico, o equipo confía que nos próximos dous anos se obteñan xa resultados iniciais.
Fonte: Residuos Profesional
Imaxe: Pixabay