- Cando chegan ao final da súa vida útil, poden aproveitarse para asfaltado de rúas e estradas, losetas de seguridade e pavimentos, gadarraís máis seguros, céspede artificial, teitos para vivendas, illante acústico, metal rexenerado, solas zapatos, etc.
Cerceda, a 23 de xullo de 2020.- Cada ano recíclanse en España preto de 300.000 toneladas de pneumáticos fóra de uso (NFU). TNU (Tratamiento de Neumáticos Usados), como SIX autorizado, encárgase de xestionar a súa recollida para o seu posterior tratamento. Unha vez recollidos, clasifícanse entre os que se poden renovar (proceso de recauchutado) e os que non. No caso de non poder renovarse, estes van a plantas de reciclado onde se extraen e separan os seus compoñentes (caucho, fibra téxtil e aceiro), que se recuperan para novos usos.
Desde TNU detallan algúns dos tratamentos de reciclaxe e valorización aos que poden someterse:
- Asfaltado de rúas e estrada.: Co po do caucho do pneumático realízanse mesturas bituminosas que se empregan para asfaltar estradas. O caucho recuperado ten propiedades de resistencia, elásticas e de insonorización que o converten nun excelente substituto dos áridos virxes. As “estradas recicladas” grétanse menos e contribúen á redución da contaminación acústica.
- Losetas de seguridade e pavimentos para parques infantís, canchas deportivas, etc. Estes chans absorben os impactos, son elásticos, secan con rapidez e amortiguan os ruídos.
- Gardarraís máis seguros. Pódense construír sistemas de dobre e simple bionda que se axustan aos ‘quitamedos’ convencionais para reducir os riscos de lesións ante os impactos en accidentes. Estes gardarraís, non só protexen a integridad dos condutores e os pasaxeiros dos coches, senón tamén dos motoristas e os ciclistas.
- Céspede artificial. A partir do caucho dos pneumáticos fóra de uso é posible fabricar céspede artificial para pavimentar campos deportivos. Cun pneumático usado pódese facer un metro cadrado de céspede artificial para un campo de fútbol, polo que para cubrir un estadio como o Santiago Bernabeu de Madrid ou o Camp Nou de Barcelona, necesitaríanse 7.140 pneumáticos. Unha alternativa ecolóxica, confortable, hixiénica e segura para a práctica deportiva.
- Teitos para vivendas. Pódense empregar entre 600 e 1.000 pneumáticos fóra de uso, convertidos en paneis de caucho que, posteriormente, son recubertos con po de pizarra para darlles un aspecto máis real, en forma de tellas. A durabilidad destes tellados está garantida para máis de 50 anos.
- Illante acústico. A fibra téxtil do pneumático é moi valorada na industria da construción como illante acústico en vivendas e edificios dada a súa gran capacidade de absorción de vibracións, así como a súa alta estabilidade ante axentes atmosféricos.
- Solas para zapatos. A partir de pneumáticos usados pódense fabricar solas de caucho para todo tipo de calzado cunha extraordinaria resistencia ao desgaste e gran agarre a calquera tipo de superficie. A partir do caucho dun pneumático fóra de uso pódense producir aproximadamente uns 30 pares de solas.
- Proxectos de obra civil. As carcasas do pneumático trituradas ou enteiras destínanse a diferentes aplicacións como fortificación de noiros, terrapléns, arrecifes artificiais, rompeolas, recheos de estribos para a construción de pontes, raíles para os tranvías urbanos, etc.
- Metal rexenerado. Os pneumáticos integran na súa composición cables de aceiro para ofrecer maior resistencia e versatilidade. Nas plantas de procesamento estes arames de aceiro retíranse, recíclanse e envíanse aos laminadores para a fabricación de aceiro novo de gran calidade para a industria siderúrxica.
10. Combustible. O alto poder calorífico do pneumático triturado e o seu baixo contido de humidade convértenno nun bo combustible de substitución para grandes instalacións industriais como as cementeiras. O seu uso supón un aforro enerxético considerable e unha redución do consumo de combustible fósil. Ademais, o 30% do pneumático está composto por caucho natural, é dicir, biomasa, co cal o seu emprego como combustible conleva unha importante redución de emisións nocivas.
Fonte e imaxe: TNU