
- Presentada por Ecoembes en días pasados, a esta iniciativa xa se sumaron 9 empresas do sector privado que contan con residencias e centros de día
- O obxectivo desta rede é precisamente que os maiores se sintan parte da reciclaxe e exerzan como embaixadores da mesma
Cerceda, a 26 de febreiro de 2025.- En días pasados, Ecoembes presentou a alianza empresarial “Terceiros en idade, primeiros en reciclar”, á que se sumaron 9 empresas do sector privado que contan con residencias e centros de día, e que foi creada precisamente para que os maiores se sintan parte da reciclaxe e exerzan como embaixadores da mesma.
Este proxecto, que se vén desenvolvendo desde 2017, tendo chegado a 14 comunidades autónomas, entre as que se atopa Galicia, amplía agora o seu rango de actuación para incorporar ao redor de 40.000 maiores máis, reforzando o compromiso coa reciclaxe de 496 centros de titularidade privada.
A rede pretende conectar coas persoas maiores e achegalas á reciclaxe desde as súas necesidades, gustos e intereses. Para materializar esta iniciativa, Ecoembes entregará entre os centros participantes máis de 1.700 cubos e papeleiras amarelas -para os envases de plástico, metálicos e briks- e azuis – para os envases de papel e cartón-, e impartirá formacións dirixidas aos seus profesionais.
Ademais da entrega de medios, facilitaranse paquetes de actividades lúdicas e formativas orientadas a promover a correcta separación de residuos e a concienciar sobre a importancia da circularidade.
A día de hoxe, preto de 800.000 usuarios e usuarias de centros de maiores, de día e residencias de titularidade pública, xa son conscientes da importancia de dar unha segunda vida aos seus envases.
Fonte e imaxe: Ecoembes