- Prevese que a pandemia do COVID-19 podería provocar, a finais de 2020, un aumento de 130 millóns no número de persoas afectadas pola fame crónica en todo o mundo.
- No estudo ínstase aos gobernos a incorporar a nutrición nos seus enfoques da agricultura e a esforzarse por reducir os factores que aumentan os custos na cadea alimentaria, incluíndo a redución das ineficiencias e da perda e o desperdicio de alimentos.
Cerceda, a 1 de setembro de 2020.- Segundo un estudo anual de Nacións Unidas, elaborado conxuntamente pola Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO), o Fondo Internacional de Desenvolvemento Agrícola (FIDA), o Fondo das Nacións Unidas para a Infancia (UNICEF), o Programa Mundial de Alimentos (PMA) e a Organización Mundial da Saúde (OMS), o número de persoas que padecen fame está aumentando.
Na última edición de O estado da seguridade alimentaria e a nutrición no mundo, estímase que case 690 millóns de persoas pasaban fame en 2019 (un aumento de 10 millóns desde 2018 e de case 60 millóns en 5 anos). Así mesmo, os altos custos e a escasa asequibilidade impiden tamén a milleiros de millóns de cidadáns beneficiarse dunha alimentación saudable ou nutritiva. A poboación que sofre fame é maior en Asia, pero está crecendo con máis rapidez en África, seguida de América Latina e o Caribe
Segundo as previsións do informe, a pandemia do COVID-19 podería provocar, a finais de 2020, un aumento de 130 millóns no número de persoas afectadas polo fame crónica en todo o mundo; un retroceso que fai que o logro do Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 2 (fame cero) sexa aínda máis dubidoso.
Superar o fame e a malnutrición en todas as súas formas vai máis aló de conseguir alimentos suficientes para sobrevivir: a alimentación -en especial a dos nenos- debe tamén ser nutritiva. Non obstante, un dos principais obstáculos é o elevado custo dos alimentos nutritivos e a escasa asequibilidade das dietas saudables para un gran número de familias.
TRANSFORMACIÓN DOS SISTEMAS ALIMENTARIOS
No informe arguméntase que, cando se teñen en conta consideracións relativas á sostibilidade, o paso a dietas saudables axudaría a controlar o aumento do fame, á vez que propiciaría enormes aforros. Calcúlase que este xiro permitiría compensar case por completo os custos sanitarios asociados a unha alimentación deficiente, mentres que o custo social das emisións de gases de efecto invernadoiro relacionadas co sector da alimentación podería reducirse ata en tres cuartas partes.
No informe se argumenta que, cando se teñen en conta consideracións relativas á sostenibilidad, o paso a dietas saudables en todo o mundo axudaría a controlar o aumento do fame, á vez que propiciaría enormes aforros. Calcúlase que este xiro permitiría compensar case por completo os costos sanitarios asociados a unha alimentación pouco saudable, que se estima que alcanzarán 1,3 billóns de USD ao ano en 2030; mentres que o costo social das emisións de gases de efecto invernadero relacionadas co sector da alimentación, estimado en 1,7 billóns de USD, podería reducirse hasta en tres cuartas partes.
Se ben as solucións específicas variarán dun país a outro, no estudo ínstase aos gobernos a incorporar a nutrición nos seus enfoques da agricultura; a esforzarse por reducir os factores que aumentan os custos na produción, o almacenamento, o transporte, a distribución e a comercialización de alimentos, por exemplo mediante a redución das ineficiencias e da perda e o desperdicio alimentario; a prestar apoio aos pequenos produtores locais para que cultiven e vendan alimentos máis nutritivos e garantir o seu acceso aos mercados; a dar prioridade á nutrición dos nenos como a categoría con maiores necesidades; a fomentar un cambio de comportamento a través da educación e a comunicación; e a integrar a nutrición nos sistemas de protección social e as estratexias de investimento a escala nacional.
Fonte: Nacións Unidas
Imaxe: Pixabay