- Esta é unha das mensaxes da FAO para que gocemos das Festas de Nadal dunha forma sostible.
- Con tal fin, proporciona sinxelos consellos para evitar que a comida acabe no cubo do lixo: planificar, axustar as racións ao número de comensais, deixar que se sirvan sós, aproveitar as sobras e doar os produtos non perecedeiros.
Cerceda, a 29 de decembro de 2020.- Se ben as festividades constitúen un bo momento para acompañalas e enxalzalas cunha atractiva comida, nalgúns casos as celebracións convertéronse en sinónimo de comer en exceso e, frecuentemente, en desperdicio alimentario.
Con tal fin, a FAO comparte 6 recomendacións básicas para evitar que a comida acabe arroxada ao cubo do lixo.
- Sé realista. Planifica con antelación e axusta as racións ao número de comensais.
- Conxela a comida que sobrou ou compártea cos invitados.
- Converte as sobras nun novo menú, por exemplo para o xantar ou a cea do día seguinte. Hai moitas receitas creativas. De feito, varios pratos como guisos, o gulash , o fattoush e a panzanella partiron do desexo de non desperdiciar froitas, hortalizas ou pan.
- Termina as sobras antes de cociñar algo novo. Antes de preparar un prato novo, é preciso comprobar se se pode aproveitar algo do que xa temos, recordando que debemos evitar requentar os alimentos e logo volver a poñelos no refrixerador.
- Deixa que os invitados se sirvan sós para que poidan elixir a cantidade que queiran. Xeralmente, os anfitrións equivócanse por exceso. Permitir que os invitados se sirvan sós significa que poden elixir a cantidade que lles gustaría comer.
- Doa o que non uses. Latas de conservas, artigo secos ou outros alimentos non perecedeiros. Hai organizacións benéficas que os aceptan.
É necesario ter presente que, nas festas, dispoñer de suficiente comida é un privilexio. Non a desperdicies.
En 2011, a FAO estimou que un terzo de todos os alimentos producidos no mundo pérdese ou desperdíciase, o que se traduce en 1.300 millóns de toneladas ao ano.
Cando se desperdicia un alimento, desperdícianse tamén todos os recursos investidos na súa produción: sementes, auga, piensos, combustible, diñeiro, man de obra, etc.
Fonte e imaxe: FAO