- A iniciativa, xestada no marco do Día Mundial dos Océanos, busca recoñecer a aqueles mozos que levan a cabo accións para reducir o consumo de plásticos ou ben lideran medidas nas súas comunidades ou centros educativos para facer fronte ao lixo mariño.
- Ao redor de 27.000 mozos dos Scouts, a asociación Junior Achievement e varias universidades xa participaron neste desafío para facerse con algunha das insignias de Mares Limpos, que nesta ocasión, e por primeira vez, estarán fabricadas con plástico recuperado do océano.
- O desafío abarca tres niveis de acción: entrada, líder e campión, crecendo a esixencia e cobertura en cada un deles .
Cerceda, a 25 de xuño de 2019.- Con motivo do Día Mundial dos Océanos, celebrado o pasado 8 de xuño, o Movemento Scout Mundial e ONU Medio Ambiente crearon unha nova alianza para loitar contra a contaminación mariña por plásticos no marco da campaña “Mares Limpos”.
Con esta iniciativa búscase recoñecer a aqueles mozos que levan a cabo accións para reducir o consumo de plásticos ou ben lideran medidas nas súas comunidades ou centros educativos para facer fronte ao lixo mariño.
Ao redor de 27.000 mozos dos Scouts, a asociación Junior Achievement e varias universidades xa participaron neste desafío para facerse con algunha das insignias de Mares Limpos, que nesta ocasión, e por primeira vez, estarán fabricadas con plástico recuperado do océano.
O programa promocionarase no 24ºJamboree Scout Mundial como parte dun esforzo máis amplo a fin de mobilizar á xuventude cara ao cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, especialmente en todo o que atingue aos ODS 14 e 15, vida baixo a auga e vida nos ecosistemas terrestres.
O desafío abarca tres niveis de acción: entrada, líder e campión. No primeiro pídese aos mozos que pensen como reducir o consumo de plástico na súa vida cotiá e lograr que outros sigan o seu exemplo. Acto seguido, poden pasar ao nivel líder, que implica verificar a pegada plástica das súas escolas e desenvolver algún tipo de campaña. O nivel campión implica estender os esforzos de promoción á comunidade, rexión ou incluso no eido nacional.
A guía de nenas de Alice Moraa, de Kenia, capacitou a máis de 5.000 mozas para modificar os seus hábitos en relación aos plásticos e resto de residuos.
Pola súa banda, un estudante de Strathmore University lanzou un “mes sen plástico” na súa universidade e está intentando que alumnos/as doutros lugares se impliquen nalgún plan de acción con este fin.
Así mesmo, alentouse aos mozos a que formalicen o seu compromiso coa campaña Mares Limpos de ONU Medio Ambiente, a maior alianza mundial contra o lixo mariño. 60 países que atesouran o 60% das costas do planeta xa o fixeron.
Fonte: ONU Medio Ambiente
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación