- A iniciativa materializarase desde o 28 de setembro ao 6 de outubro, podendo os colectivos interesados establecer os puntos de recollida antes do próximo día 22.
- O pasado ano, e no marco desta campaña, 3.500 voluntarios recolleron 23 toneladas de refugallos en máis dun cento de puntos mariños.
- De todos os residuos atopados nas praias, as cabichas son os máis numerosos, seguidos polas toallitas húmidas.
Cerceda, a 6 de setembro de 2019.- O proxecto LIBERA, impulsado por SEO/BirdLife, coa colaboración de Ecoembes, prepara unha nova edición da campaña de ciencia cidadá “1m2 polas praias e os mares”, a través da cal darase continuidade á tarefa de recoller e analizar residuos abandonados na costa.
A iniciativa materializarase desde o 28 de setembro ao 6 de outubro, podendo os colectivos interesados establecer os puntos de recollida antes do próximo día 22.
Durante os labores de recollida utilizarase a aplicación MARNOBA, unha app concibida para caracterizar basuraleza e que permitirá obter datos sobre os refugallos atopados (volume, cantidade e tipoloxía), tanto dos flotantes como dos depositados nas praias e fondos mariños. Esta información contribuirá a deseñar estratexias máis efectivas para poñer fin a esta problemática ambiental.
O pasado ano, e no marco desta campaña, 3.500 voluntarios recolleron 23 toneladas de lixo en máis dun cento de puntos mariños. De todos os residuos atopados nas praias, as cabichas son os máis numerosos, seguidos polas toallitas húmidas. Calcúlase que, dos 6 billóns de cigarros que se fuma en todo o mundo cada ano, 4,5 terminan depositados na natureza. Estes residuos, que proveñen maioritariamente da contorna terrestre, chegan ao mar a través das canles fluviais principalmente.
Diversos estudos demostran que o efecto contaminante das cabichas pode durar entre 7 e 12 anos, se ben algúns autores afirman que podería estenderse ata os 25 anos.
Os seus compoñentes teñen efectos devastadores na natureza e provocan un grave impacto na calidade da auga. De feito, cada cabicha pode chegar a contaminar ata 10 litros de auga salgada e ata 50 litros se é auga doce.
No caso dos grandes depredadores mariños, como as aves e os cetáceos, a inxesta de cabichas é habitual e pode causar toxicidade directa, así como una certa sensación de saciedade con risco de morte por inanición.
Máis información en proyectolibera.org
Fonte e imaxe: Ecoembes
Saúdos, Departamento de Comunicación