- Se ben este material xa alcanzou unhas taxas de reciclado do 85%, a cadea de valor pretende seguir mellorando esta porcentaxe.
- Para incrementar maiores niveis de recuperación e ampliar ao mesmo tempo a funcionalidade dos envases e embalaxes de papel e cartón, ponse especial énfases na fase de deseño.
- Neste marco, as novas directrices de reciclabilidade -desenvolvidas por Cepi, Citpa, ACE e Fefco- ofrecen unha guía concreta para que os deseñadores se aseguren de que a funcionalidade estea asociada á reciclabilidade.
Cerceda, a 16 de decembro de 2019.- O uso do papel e cartón crece ano tras ano debido ao seu mellor comportamento medioambiental fronte a outros materiais, pero tamén como consecuencia do auxe do comercio electrónico.
Se ben xa se logrou unhas taxas de reciclado de envases e embalaxes de papel e cartón do 85%, a cadea de valor deste material segue mellorando, tendo en conta, ademais, a gran expectativa que existe por parte dos consumidores, as marcas e os minoristas de dispoñer de material de embalaxe reciclable.
Para alcanzar taxas de reciclado aínda maiores e ampliar ao mesmo tempo a funcionalidade dos envases de papel, cobra especial relevancia a fase de deseño, tendo en conta tanto o obxectivo previsto como o final da vida útil.
Neste marco, as novas directrices de reciclabilidade -desenvolvidas por Cepi, Citpa, ACE e Fefco- ofrecen unha guía concreta para que os deseñadores se aseguren de que a funcionalidade estea asociada á reciclabilidade.
Angelika Christ, secretaria xeral de FEFCO (Federación Europea de Fabricantes de Cartón Corrugado) manifestou ao respecto que “Estas directrices de reciclabilidade e as mellores prácticas poden, sen dúbida, garantir unha maior calidade de reciclado. Isto é vital para a industria do cartón ondulado, xa que incorporamos unha media do 89% do contido reciclado no noso produto. Os minoristas, os clientes e os usuarios finais poden estar seguros de que o sector papeleiro recicla de forma efectiva os envases comercializados. Queremos e necesitamos que nos devolvan todas as fibras”.
Así as cousas, estas novas directrices europeas pretenden converterse no documento de referencia para aprender máis sobre as implicacións do proceso de fabricación na reciclabilidade dos envases de papel e cartón usados.
Os asinantes do documento confían en que sirvan de fonte de inspiración para a innovación e a introdución de novas técnicas. Móstranse convencidos de que un amplo coñecemento da cadea de valor pode mellorar realmente a reciclabilidade dos produtos e de que as directrices axudarán a cumprir cos protocolos e requisitos nacionais e a pechar aínda máis a circularidade da industria.
Fonte: Fefco.org
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación