- Reciclar para cambiar vidas” é o proxecto no que, da man de Ecoembes, colaboran diferentes empresas co fin de facer da reciclaxe un sector estratéxico para a creación de emprego verde e inclusivo, e a mellora da inserción laboral de persoas en situación de risco.
- A día de hoxe, a rede de empresas xa conta cun total de 33 firmas adheridas, atopándose entre as mesmas desde grandes operadores de xestión de residuos e compañías recicladoras ata pemes locais, tamén do ámbito da reciclaxe.
Cerceda, a 11 de febreiro de 2019.- “Reciclar para cambiar vidas”, así se denomina o proxecto no que colaboran, da man de Ecoembes, unha rede de empresas co obxectivo de posicionar a reciclaxe como sector referente e estratéxico na creación de emprego verde e inclusivo e mellorar a inserción laboral de persoas en situación de risco, apoiando así a súa empregabilidade e ofrecéndolles unha nova oportunidade.
O proxecto de cooperación entre Ecoembes e o programa Incorpora de “A Caixa” puxo a disposición da iniciativa aos máis de 750 técnicos de inserción de entidades sociais de toda España. A día de hoxe, a rede de empresas xa conta cun total de 33 firmas adheridas, atopándose entre as mesmas desde grandes operadores de xestión de residuos e empresas recicladoras ata pemes locais, tamén do ámbito da reciclaxe.
Froito desta colaboración e traballo conxunto implementáronse cinco accións formativas no perfil de Operario de Xestión de Residuos impartidas en distintas cidades españolas.
O obxectivo desta iniciativa é que a reciclaxe fomente o emprego verde e que promova igualmente a inclusión na contorna laboral, así como o desenvolvemento persoal e profesional.
A nova rede de empresas colaboradoras está aberta ao ecosistema empresarial de Ecoembes, que inclúe envasadoras, operadores de xestión de residuos, distribuidores e recicladores.
Desta forma, o programa “Reciclar para cambiar vidas” pretende, a través da reciclaxe, ofrecer alternativas e oportunidades a vítimas de violencia de xénero, parados de longa duración, a mozos/as en garantía social e, en definitiva, a calquera persoa con dificultades e desconectada do mundo laboral.
Fonte: Ecoembes
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación